A alcaldesa, Ana María López, destaca que “queremos que quienes nos visiten se lleven una fotografía, pero sobre todo una experiencia y un recuerdo de lo que significa Cariño”
Cariño, 19 de maio, 2026. O Concello de Cariño inaugurou o pasado domingo, 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, un novo letreiro co nome do municipio situado fronte á Casa do Concello. Moito máis que seis letras, esta nova instalación representa o orgullo, a memoria e o sentimento de pertenza de todo un pobo.
A inauguración, marcada polo emotivo son da gaita, reuniu a veciños e veciñas nun acto cargado de simbolismo e emoción, no que se puxo en valor o significado profundo que encerra o nome de Cariño. Un nome que identifica xeracións enteiras e que forma parte da esencia colectiva do municipio.
“Cariño es recuerdo y sentimiento, es orgullo de pueblo y de nuestras raíces. Estas letras representan todo aquello que somos y que queremos seguir transmitiendo a quienes vienen detrás de nosotros”, sinalou a alcaldesa, Ana María López.
O novo letreiro nace tamén coa vocación de converterse nun atractivo turístico e nun novo punto de referencia para veciños e visitantes. Desde o Concello espérase que esta instalación contribúa a promocionar a imaxe de Cariño e a reforzar o vínculo emocional que moitas persoas senten coa localidade.
“Queremos que quienes nos visiten se lleven una fotografía, pero sobre todo una experiencia y un recuerdo de lo que significa Cariño: hospitalidad, identidad y amor por nuestra tierra. Estas letras serán una ventana abierta al mundo para mostrar el orgullo que sentimos de ser de aquí”, engadiu a rexedora.
O Concello destaca ademais que esta iniciativa pretende poñer en valor a identidade local e render homenaxe a todas aquelas xeracións que ensinaron a amar, coidar e defender esta terra, mantendo vivo o legado e o sentir máis profundo do pobo.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



