Ribadeo, 19 de maio, 2026. Recursos de Galicia (RDG) está a preparar tarifas eléctricas estables e competitivas para as empresas galegas, avanzando así no seu obxectivo de garantir que o investimento en proxectos baseados nos recursos naturais do país teña un retorno social directo. O parque eólico de Mondigo, adquirido por RDG na Mariña Oriental, constitúe o paradigma da nova eólica galega, que aposta por xerar beneficios sociais e permitir que as pemes accedan ás mesmas vantaxes que as grandes compañías na contratación da enerxía.
Co propósito de coñecer o consumo enerxético do ecosistema empresarial da contorna de Mondigo, RDG iniciou unha rolda de encontros cos sectores produtivos da zona. Esta mañá, o conselleiro delegado da entidade, Emilio Bruquetas, reuniuse con representantes empresariais dos concellos de Trabada, Ribadeo e Barreiros, acompañado dos seus alcaldes: Rubén García, Daniel Vega e Ana Belén Ermida.
Nas próximas semanas realizarase unha recollida de datos que permitirá ao equipo técnico de RDG avanzar no deseño dunha ferramenta específica para trasladar ás empresas os beneficios de contar cun activo eólico na súa contorna, tal e como xa se está a facer co consumo doméstico.
RDG pretende estender esta política ao conxunto do territorio galego, garantindo que o 100 % da enerxía producida en Galicia e xestionada pola compañía repercuta na propia comunidade, contribuíndo a mellorar a competitividade das industrias e empresas nos seus custos enerxéticos.
Tras a compra de Mondigo, activáronse os dous primeiros piares da nova eólica galega:
Descontos directos na factura eléctrica para os fogares situados nun radio de 1,8 km do parque, a través do programa Mondigo Beneficia.
Diálogo constante cos veciños e cos concellos, incorporando o interese local e abrindo a posibilidade de participación na propiedade do parque.
O parque eólico de Mondigo comezou a producir electricidade a finais do ano pasado. Conta con 11 aeroxeradores, que suman 49,5 MW de potencia instalada, e está previsto que xere anualmente arredor de 131 GWh.
Sobre Recursos de Galicia
Recursos de Galicia é unha sociedade pioneira en España creada para contribuír á descarbonización da economía, reforzar a autonomía enerxética de Galicia, impulsar prezos competitivos da enerxía e garantir que o desenvolvemento enerxético teña unha repercusión positiva no territorio e nas persoas. O seu lema, «Os nosos recursos, ao noso servizo», resume esta filosofía.
A compañía representa á sociedade galega e exemplifica a colaboración público-privada promovida pola Comisión Europea. A Xunta de Galicia é o principal accionista, mentres que a parte privada está integrada por 32 empresas que sosteñen máis de 21.000 empregos directos e achegan un 14 % do PIB galego.
Entre os seus accionistas privados figuran Abanca; Martabela (Megasa e Finsa); Invernatur (Copasa, Valtalia e Gesuga); Cabicastro (Grupo Nogar, Grupo Pérez Rumbao, Conservas Rianxeira, Lucasiñas e Grupo Revi); Gadisa; Exlabesa; ARP Global; Ain Active; Wind1000; Ence Terra; Iniciativa Patrimonio Natural de Galicia (Grupo Intaf, Genesal, Industrial Recense, Mecanizados Acebrón, Cover Global, Edigal, Tecdesoft, Ertec Iberia, Integria Energía, Empresas Eurozona, Sertogal e Twinleads); Grupo Servicio Móvil; Cerámica Campo; Aceites Abril; e Megaro Foods.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



