Foz, 21 de maio de 2026. En outubro do pasado ano 2025 o profesor Pepe Otero presentaba na Casa da Cultura de Foz o seu último libro, Un paseo polo labirinto, acompañado polo ex director da Real Academia Española Darío Villanueva e do tamén profesor Ramón Reimunde. Este libro púxose á venda nas librerías de Foz (Bahía, Ofifoz e Rapadoira) e os beneficios decidiu doalos para contribuír ás necesidades dos servizos sociais que presta o Concello de Foz.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, veñen de recibir onte, mércores, o donativo froito das vendas en Foz do último libro do profesor Pepe Otero, na cantidade de 1.200 euros. O alcalde quixo expresar a súa “máis sincera gratitude ao noso profesor Pepe Otero: é a terceira ocasión na que dona os beneficios da súa obra, de forma totalmente altruísta, para axudar aos que máis o necesitan en Foz. Este xesto di moito del, como profesor e como persoa”.
A concelleira Ana Rojo quixo destacar “a calidade humana e o compromiso co noso pobo de Pepe Otero. Con esta doazón está contribuíndo a reforzar os programas de atención ás familias en situación de vulnerabilidade; queremos expresarlle o noso agradecemento”.
Nos anos 2018 e 2023 o profesor e filósofo Pepe Otero xa fixera doazóns ao Concello coas vendas de dúas publicacións anteriores.






















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.


