Viveiro, 21 de maio, 2026. O PSOE de Viveiro valora positivamente a actuación realizada pola Xunta de Galicia no Espazo Xove coa creación das novas pistas de pickleball, unha iniciativa que permitirá dinamizar esta zona situada nos arredores de San Francisco e incorporar unha nova modalidade deportiva ao municipio.
Os socialistas consideran positivo que se dea vida a este espazo e desexan que as novas instalacións teñan un amplo uso por parte da mocidade viveirense.
Porén, desde o PSOE lembran que durante os anteriores mandatos socialistas e bipartitos presididos por María Loureiro, o Concello trasladou en numerosas ocasións á Xunta a necesidade de actuar nesta pista, tanto para mellorar as instalacións como para realizar labores básicos de mantemento e limpeza, xa que durante moito tempo presentaba un estado deficiente, con presenza de verdín e falta de acondicionamento.
Do mesmo xeito, sinalan que tamén solicitaron en varias ocasións reunións coa Consellería de Xuventude para abordar a situación do Espazo Xove e reclamar máis recursos e actividades para a mocidade, especialmente despois da eliminación da monitora de tempo libre e da redución de servizos neste equipamento.
Desde o PSOE consideran que esta actuación volve poñer de manifesto o trato recibido por Viveiro durante anos por parte da Xunta cando o Partido Popular non gobernaba no municipio.
“Unha vez máis, a Xunta de Galicia volve demostrar que moitas actuacións que durante anos foron reclamadas polos anteriores gobernos presididos por María Loureiro quedaban bloqueadas ou sen atender simplemente porque en Viveiro non gobernaba o Partido Popular. Resulta significativo que unha actuación relativamente sinxela e económica, duns 25.000 euros, que fora solicitada en numerosas ocasións, non se executase ata agora”, sinalan os socialistas.
O PSOE insiste en que sempre apoiará todas aquelas actuacións que supoñan melloras para Viveiro, especialmente no ámbito deportivo e xuvenil, pero considera necesario explicar a realidade e lembrar que moitas das demandas realizadas cando gobernaba o PSOE foron ignoradas durante anos.
Para rematar, os socialistas agardan que esta actuación sirva para consolidar un espazo vivo e útil para a mocidade e que a Xunta continúe implicándose nas necesidades reais do municipio.


























A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



