Burela, 21 de maio, 2026. A Fundación Expomar está presente con stand propio en Navalia, a feira internacional da industria naval que se celebra esta semana en Vigo, onde está a promocionar a próxima edición da Feira Expomar, que terá lugar en Burela do 19 ao 22 de maio de 2027.
O xerente e o responsable de administración da Fundación Expomar reuníronse con Isaac Rosón Sánchez-Brunete, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, e con Ramón Damián Fernández Conchas, xefe do Servizo de Mercados, para comezar a abordar cuestións relacionadas coa organización de Expomar 2027.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, é un dos principais impulsores das actividades da Fundación, especialmente da Feira Expomar, así como doutros eventos pesqueiros que se celebran cada ano en Burela, como as recentes Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial.
Ademais, representantes de Expomar mantiveron un encontro coa delegación da misión comercial da Cámara de Comercio de Barlavento. Con Angelica Fortes, xerente da Feira Internacional de Cabo Verde, e Gil Costa, secretario xeral da Cámara de Comercio de Barlavento, trataron sobre a participación na Feira Expomar Cabo Verde, que se celebrará en outubro en Porto de Mindelo.
Durante Navalia tamén se estableceron contactos con diferentes empresas do sector presentes en Vigo, tanto potenciais expositores que participarán por primeira vez na 21ª edición do evento como firmas xa coñecidas que repetirán presenza en 2027. Entre elas, Astilleros Polymade, que xa confirmou a súa asistencia.
De cara á próxima edición, Expomar reforzará a súa aposta pola pesca recreativa. Por iso, nestes días mantivéronse reunións con empresas e representantes do sector, como Gonzalo Luna, de El Galo Fishing, embaixador de Astilleros Polymade e doutras marcas vinculadas á pesca deportiva. O obxectivo é ampliar a presenza dos deportes náuticos e da pesca recreativa na feira de 2027, unha liña de traballo que estas entidades valoran positivamente.
O xerente da Fundación Expomar, José M. González “Brais”, sinala que “os resultados da nosa presenza en Navalia están a ser altamente positivos, xa que moitos expositores que participaron na última edición da nosa feira xa dan por segura a súa presenza en 2027, e outras empresas que nunca expuxeron en Burela mostraron moito interese en estar presentes nesta nova edición”.



















Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica. A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.
Trátase de Bibliodiscoteca, unha proposta de divulgación da música galega a cargo de María Faltri, que adapta os contidos ao público asistente para visibilizar a rica escena musical dirixida a bebés, nenas e nenos, adolescentes e persoas adultas. A artista convidará a descubrir o fondo musical dispoñible na propia biblioteca e animará a pequenas e maiores a bailar e gozar xuntas. A actividade terá lugar na sala de exposicións da Casa da Cultura e a entrada será libre.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.



