Ribadeo, 22 de maio de 2026. O equipo de goberno colabora con entidades, asociacións e colectivos de todo o concello, algo que non lle gusta ao BNG, e rexeita as críticas verquidas polos nacionalistas nas últimas horas.
Desde o equipo de goberno sinalan: “entendemos que o BNG o que critica é que colaboremos coas distintas asociacións e colectivos que promoven actos e aos que nosoutros axudamos por exemplo na contratación dun pincho, que pode ser en distintos locais hostaleiros de Ribadeo. Entendemos que o BNG o que critica é que esas asociaciones fagan actos e que nosoutros colaboremos”. E subliñan: “o BNG está en contra de que se promovan congresos ou actividades que nosoutros facemos en Ribadeo. Por exemplo foros ou congresos de cardioloxía, de pediatría, o que houbo de turismo o ano pasado ou o foro down”.
E explican que “nosoutros non colaboramos economicamente con eles, senón que deixamos o espacio, por exemplo, o auditorio, e colaboramos cun pincheo que se fai en diferentes locais hostaleiros de Ribadeo. O que nos preguntamos é se o BNG critica que nosoutros tamén colaboremos cos voluntarios que colaboran con nosoutros, por exemplo coa Carreira Nocturna, co Congreso Fest Classic, coa San Silvestre ou coa Cabalgata de Reyes… Todos os pincheos deses eventos son os que suman”.
Desde o equipo de goberno subliñan que “o BNG o que critica é que colaboraremos coas distintas actividades, entidades e asociacións que promoven actos ou que invitemos a un pincho aos voluntarios que colaboran co Concello. E o gasto de protocolo que ten o Concello para algún menú ou algunha invitación está circunscrito a cinco mil euros. Entonces hai que diferenciar, o que nos parece de malas persoas é confundir á sociedade. Non se pode confundir nin mentir. O Concello o que fai é investir unha cantidade en pinchos, pero para distintas entidades, asociacións e voluntarios. E a cantidade é inferior á que comenta o BNG”.
Tamén aluden á cea institucional de Loctudí: “sorprende que xente que lidera o BNG, que lle propón ao Concello colaborar con un evento como é o irmandamento de Loctudí, agora lle pareza moito esa cantidade. Vamos ter que deixar de colaborar. Estas críticas non teñen ningún sentido”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



