Ribadeo, 23 de maio de 2026. A Unión de Cidadáns Independentes de Municipios (UCIN) celebrou un encontro de traballo no Hotel Voar de Ribadeo co obxectivo de coordinar a estratexia do equipo local de cara ás próximas eleccións municipais de maio de 2027.
Durante a reunión sentáronse as bases do proxecto político de UCIN Ribadeo, sustentado nun modelo de municipalismo independente, centrado exclusivamente nas necesidades do municipio e da súa veciñanza, pero contando ao mesmo tempo co respaldo dunha estrutura estatal consolidada.
No transcurso do encontro tamén se oficializou o nomeamento de Rafael González Gurillo como coordinador de UCIN A Mariña, reforzando así a estrutura territorial da formación e o traballo político que o partido desenvolverá en toda a comarca durante os próximos meses.
Desde a formación destacaron que UCIN é actualmente a única rede en España que agrupa coordinacións municipais totalmente independentes entre si, permitindo que cada agrupación tome as súas propias decisións sen imposicións nin directrices afastadas da realidade local.
“Ribadeo va a trabajar única y exclusivamente por y para Ribadeo, atendiendo los problemas reales de los vecinos y vecinas”, sinalaron desde a organización.
UCIN definiu o seu modelo como “un gran engranaje formado por pequeñas piezas independientes”, no que cada agrupación se centra no seu concello, pero coa vantaxe de formar parte dunha unión estatal que achega apoio político, técnico e xurídico.
A formación tamén quixo desmontar o tradicional argumento do chamado “voto útil”, defendendo que apostar por unha candidatura municipalista non significa perder forza política. Ao contrario, explican que os concelleiros obtidos nos diferentes municipios permiten sumar representación nas Deputacións Provinciais e noutras institucións supramunicipais.
“No somos un partido pequeño y aislado; somos un gran proyecto formado por pequeños municipios independientes”, explicaron durante o encontro.
Segundo trasladou a coordinación local, pertencer á rede UCIN permitirá a Ribadeo contar cun respaldo sólido para defender proxectos e reclamacións do municipio tanto dentro como fóra do consistorio.
Mesa de traballo con asuntos prioritarios para Ribadeo
Tras a presentación oficial do proxecto, celebrouse unha mesa de traballo na que se abordaron diferentes cuestións consideradas prioritarias para o futuro do municipio.
Entre os asuntos tratados destacaron:
A reclamación de contas e unha maior transparencia institucional.
A convocatoria da Xunta Local de Seguridade.
A solicitude do CIM.
A finalización da residencia de maiores, actualmente sen rematar.
A necesidade do dragado da ría.
A publicación dos resultados das probas realizadas cos sensores instalados na Ponte dos Santos.
A recuperación do observatorio da ría.
Os problemas de aparcamento existentes en Ribadeo.
Desde UCIN Ribadeo aseguran que a maquinaria de traballo xa está en marcha e que os próximos meses serán claves para consolidar un proxecto político centrado en “poñer ás persoas e ás necesidades reais do municipio no centro da acción política”.




















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



