Xove, 26 de maio, 2026. O Concello de Xove, a través da súa Área de Muller e Igualdade, abre o prazo de inscrición para o servizo de conciliación familiar “Xove Concilia” para o verán de 2026. Todas as familias que precisen conciliar a vida laboral e familiar durante os meses de vacacións escolares poderán inscribirse ata o 13 de xuño, a través da Sede Electrónica do Concello de Xove ou da Oficina de Información Xuvenil.
Este servizo, que o Concello de Xove ofrece desde o ano 2015, foi ampliado e mellorado progresivamente. Na actualidade desenvólvese a través da empresa Sonaga Gestión, S.L., adxudicataria do procedemento licitado en 2025.
O programa Xove Concilia Verán atende arredor de 100 nenas e nenos de 3 a 10 anos, o que supón dar resposta ás necesidades de conciliación de máis de 70 familias.
O servizo préstase en horario de 8:45 a 14:00 h, de luns a venres (excepto fins de semana e festivos), en instalacións públicas habilitadas para tal fin.
As actividades teñen carácter formativo, artístico, musical, escénico, teatral e vocal, ademais de propostas audiovisuais e comunicativas. Inclúense tamén actividades de educación para a convivencia, a paz, a coeducación, o consumo responsable e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. As crianzas participan igualmente en xogos populares e tradicionais, deportes e actividades culturais relacionadas coa época vacacional e co territorio de Xove.
O equipo responsable do programa está formado por unha coordinadora graduada en Educación Infantil e por monitoras e monitores de tempo libre.
O prezo por cada menor é de 10 euros para os períodos de Semana Santa, Nadal e os meses de xuño e setembro. Durante xullo e agosto, o custo é de 20 euros por quincena. A modalidade por quincenas permite flexibilizar o servizo e facilita que as familias poidan escoller o período vacacional que mellor se adapte ás súas necesidades.




















Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).
Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.



