A Mariña, 26 de maio, 2026. Incutalent anuncia a creación de Editorial Salpetro, un novo selo editorial con vocación cultural, atlántica e creativa, orientado á publicación de obras con identidade propia, coidado literario e forte arraigamento na realidade galega contemporánea.
Editorial Salpetro nace como unha extensión natural do ecosistema de Incutalent, incorporando unha liña de actividade vinculada á cultura, á edición, á comunicación e á produción de contidos. O selo aposta por novos autores e ideas, e ten como obxectivo impulsar proxectos literarios que combinen calidade, personalidade, memoria, territorio e innovación narrativa.
O primeiro libro publicado baixo este novo selo é ASÍ EN CRÚ, Nin tan mal.: Relatos curtos, odas e un conto sen aliñar, de Juan Carlos Piñeiro Docampo, xa dispoñible en Amazon. A obra reúne textos en galego que transitan entre o relato breve, a observación social, a ironía, a memoria emocional e unha mirada directa á Galicia cotiá. Este lanzamento marca a liña fundacional de Editorial Salpetro: literatura con voz propia, nacida desde o territorio e comprometida coa creación galega contemporánea.
“Editorial Salpetro nace para publicar libros con alma, con carácter e con verdade. Queremos construír un selo que sexa un espazo de creación, memoria e liberdade literaria”, sinala José Luís Rubal García, director do selo.
O nome Salpetro evoca o mar, a pedra, a intemperie e a pegada cantábrica, representando unha maneira de entender a cultura desde A Mariña, con raíz, oficio, independencia e vocación de permanencia.
Con este primeiro lanzamento, Incutalent abre unha nova liña estratéxica dentro da súa actividade, reforzando o seu compromiso coa creatividade, coa innovación e coa xeración de proxectos culturais con impacto.
Sobre Editorial Salpetro
Editorial Salpetro é un selo impulsado por Incutalent para a publicación de obras literarias, culturais e de pensamento con identidade propia. A súa liña editorial abrangue narrativa, memoria, cultura galega, ensaio social, literatura de autor e proxectos creativos de valor singular.
Sobre Incutalent
Incutalent é unha plataforma de impulso empresarial, cultural e estratéxico vinculada á innovación, á comunicación, ao desenvolvemento de proxectos e á creación de novas liñas de actividade en distintos sectores.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



