Ribadeo, 27 de maio, 2026. Para celebrar a Gran Semana da Ciencia Ciudadana pola Biodiversidade, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo contou coa colaboración de Belén Pérez Teijo, membro da Xunta da Asociación Fotografía y Biodiversidad e representante do OCB de Ribadeo, e de Nelly Bouso Gasalla, que xunto con Belén forma parte de SOCEME, a Sociedade para a Conservación e Estudo das Mariposas en España.
Xunto co alumnado de 1º de Bacharelato e coas profesoras Beatriz González e Susi Besteiro, levaron a cabo o III Bioblitz “Explorando o noso xardín”, no que durante un par de horas se rexistraron de maneira intensiva todas as especies presentes no entorno do centro.
A actividade desenvolveuse empregando a aplicación móbil ObsIdentify, que permite identificar especies a partir de fotografías xeorreferenciadas e subir automaticamente os datos á plataforma de ciencia cidadá Observation.org. Nunha sesión posterior ao Bioblitz, Belén Pérez e Nelly Bouso analizaron os rexistros obtidos. Unha vez que os validadores da plataforma revisen as observacións, o alumnado preparará un traballo para presentar os resultados na Feira da Ciencia, que terá lugar os días 10 e 11 de xuño.
A experiencia resultou especialmente enriquecedora, pois combina aprendizaxe activa, diversión e sensibilización ambiental. Ademais, contribúe á recollida de datos en lugares e momentos que doutro xeito serían inaccesibles, o que lle dá un gran valor científico. Esta é precisamente a finalidade de Observation.org, plataforma de ciencia cidadá da que Fotografía y Biodiversidad é socia desde hai tres anos e á que xa achegou máis dun millón de rexistros grazas á participación de persoas non especializadas desde 2010, converténdose así en entidade pioneira en España neste ámbito.
Pola súa parte, SOCEME, fundada en 2014, céntrase no estudo e seguimento das bolboretas en España. Tanto Belén Pérez como Nelly Bouso teñen asignados varios transectos dos que envían datos mensualmente desde hai anos, contribuíndo ao coñecemento e conservación destes insectos.
O IES de Ribadeo agradece a Belén Pérez e a Nelly Bouso a súa colaboración e felicita ao alumnado pola súa implicación. Tal e como se destacou na charla final, “só protexemos aquilo que amamos e só amamos aquilo que coñecemos”. Por iso, dedicar parte das clases de ciencias ao traballo de campo segue sendo unha aposta segura para formar cidadanía crítica e comprometida coa natureza.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



