Viveiro, 29 de maio de 2026. Tras xestionar varias convocatorias do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña Ortegal pon en marcha o proceso de avaliación intermedia da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.
O obxectivo principal desta avaliación é analizar o impacto e os resultados que a estratexia tivo no territorio ao longo dos últimos anos. En coherencia co enfoque participativo do programa, o GALP considera fundamental recoller a opinión de todas as persoas, entidades e axentes que contribuíron ao desenvolvemento da zona costeira.
Proceso participativo aberto
Para iso, o GALP A Mariña Ortegal inicia un proceso de participación aberto, no que se presentarán os resultados acadados ata o momento e se recollerán valoracións e propostas de mellora. O proceso estrutúrase a través de reunións sectoriais e dun espazo específico para a análise de proxectos.
As sesións están dirixidas a:
Entidades socias do GALP (ámbitos pesqueiro, institucional, social e económico).
Persoas solicitantes e promotoras de proxectos financiados polo FEMPA.
Calquera persoa ou entidade interesada no desenvolvemento do territorio.
Data, lugar e horarios
As reunións celebraranse o xoves 4 de xuño, na Casa do Concello de Viveiro (Praza Maior, 1).
17:30 h – Mesas sectoriais e Espazo Proxectos
As mesas sectoriais están orientadas ás entidades socias do GALP.
O Espazo Proxectos está dirixido ás persoas promotoras de iniciativas financiadas polo FEMPA, co obxectivo de avaliar o impacto do apoio económico no territorio.
Chamamento á participación
O GALP insiste na importancia da participación de todas as persoas e entidades vinculadas ao territorio, xa que as súas achegas serán fundamentais para continuar construíndo unha estratexia útil, próxima e transformadora, capaz de reforzar o desenvolvemento sostible da nosa costa e mellorar as condicións socioeconómicas da poboación vinculada ao mar.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



