Cervo, maio do 2026. O Pavillón do CEIP Cervo acolleu este venres o acto de clausura das Escolas Deportivas Municipais Infantís, nunha xornada chea de emoción, convivencia e recoñecemento ao esforzo realizado polos nenos e nenas ao longo de toda a tempada.
O evento reuniu ás familias, monitores e participantes das distintas disciplinas deportivas municipais, que gozaron dunha tarde moi especial con exhibicións de ximnasia rítmica e patinaxe artística, nas que os pequenos e pequenas demostraron todo o aprendido durante o curso.
Durante o acto tamén se realizou a entrega de diplomas e dun agasallo conmemorativo para todos os nenos e nenas participantes nas Escolas Deportivas Municipais, nas disciplinas de ximnasia rítmica, patinaxe artística, voleibol, multideporte e balonmán.
Remata así un curso no que participaron preto de 200 pequenos e pequenas, consolidando o crecemento e a boa acollida dun programa deportivo que continúa fomentando hábitos saudables, compañeirismo e valores fundamentais a través do deporte.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou durante o acto “o importante crecemento que experimentaron as Escolas Deportivas Municipais nos últimos anos, converténdose nun referente para moitas familias do municipio”. Ademais, quixo agradecer “o gran traballo e implicación dos monitores e monitoras, así como o apoio constante das familias, fundamentais para que os nenos e nenas desfruten do deporte nun ambiente educativo e saudable”.
A rexedora tamén puxo en valor “os múltiples beneficios que aporta o deporte na infancia, non só a nivel físico, senón tamén no desenvolvemento persoal, na aprendizaxe de valores como o respecto, o esforzo, o traballo en equipo e a convivencia”.
O Concello agradeceu a participación de todas as familias e felicita aos nenos e nenas por unha magnífica tempada deportiva.
Na entrega de diplomas e agasallos participaron ademais da alcaldesa Dolores García Caramés, os edís Adrián Arias e Alfredo Fernández.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.

