160 pilotos participaron na formacion teórica e nas probas que se celebraron durante a fin de semana no circuíto da Pastoriza
Lugo, 31 de maio de 2026. Bruno Martínez Bermúdez foi o vencedor do premio Volante Deputacion, que se celebrou ao longo desta fin de semana no circuíto da Pastoriza co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O mozo, de Foz, de 27 anos, foi o máis rápido na final que se celebrou este domingo, polo que recibe como premio a participación como piloto titular no Rally San Froilán 2026, a bordo dun Dacia Sandero, dentro da estrutura do equipo da escudería PTC. Unha oportunidade para iniciarse na competición de forma totalmente gratuíta e nunha das probas de maior prestixio do calendario galego de asfalto.
Manuel Fernández Román e Roberto López López completaron o podio da final, que puxo fin a duas xornadas de intensa actividade no circuíto municipal pastoricense, o único circuíto oficial destas características na provincia de Lugo
Na entrega de premios, a deputada Iria Castro felicitou a gañador e finalistas “polo traballo realizado durante as dúas xornadas no circuíto” e valorou “o interese que ano tras ano desperta esta proba, que demostra a importancia que o coñecemento e a formación técnica teñen á hora de competir”
A responsable provincial reafirmou o “compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa continuidade deste premio, que ofrece a pilotos noveis a posibilidade de formarse e iniciarse na competición, alimentando desde a base a afección a este deporte que ten moito arraigo nas distintas comarcas”
Preto de 160 pilotos participaron na proba organizada por PTC Escuela, que combina formación en condución deportiva e competición. Todos os participantes recibiron un curso de formación técnica e condución segura, para igualar e equilibrar os coñecementos.
Posteriormente, durante a xornada do sábado e na mañá do domingo, divididos en grupos e acompañados por persoal técnico da escudería, realizaron probas cronometradas con vehículos tamén proporcionados pola escudería. Pola tarde, disputouse a semifinal – na que participaron os dez máis rápidos nas roldas previas por grupos – e a final.
Preparación para a participación no Rally San Froilán
Bruno Martinez, que participaba por sexta vez no Volante, terá a oportunidade de seguir perfeccionando a súa destreza ao volante nos vindeiros meses, nos que recibirá formación específica para participar no rally San Froilán como piloto da escudería PTC e con opcións de puntuar Sandero Eco Cup Galicia, unha das copas de promoción do rally.
O Volante Deputación de Lugo, que se celebrou por primeira vez en 2012, deu a oportunidade de iniciarse na competición automobilística a máis dunha ducia de mozos lucenses. Sergio Lozano súmase a unha lista da que son parte Carlos López, Juan López, Jairo Castro, Francisco Dorado, Joshua Polo, Rubén Sánchez, José Miguel Rodríguez, Carlos Rodríguez, Jairo Fernández, Pablo Guerra, Ánxel Vizoso, Hugo Iglesias, Pablo López e Sergio Lozano, gañadores das sucesivas edicións da proba.
Apoio ao automobilismo
O impulso do Volante Deputación reforza a rede de apoio ao automobilismo da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que dá soporte económico ás principais probas de rally de asfalto e de rally de montaña que se celebran na provincia – o Rallly da Mariña, o Rally San Froilán, a Subida a Taboada ou a Subida á Pontenova – e convoca, cada ano, unha liña de axudas para pilotos de rally, cun investimento total de 45.000 euros. A área de Deportes convoca tamén anualmente bolsas para pilotos de rally, con achegas entre os 300 e os 2.500 euros dacordo cos resultados acadados polas persoas soclitantes nas probas disputadas en campionatos galegos, estatais e internacionais.

























Os cortes de circulación aplicaranse desde as 12.15 horas ata a finalización da sesión vermú e, de novo, desde as 20.30 horas ata o remate das actividades festivas en ambas as dúas xornadas. O Concello agradece a comprensión da veciñanza e recomenda planificar os desprazamentos tendo en conta estas restricións temporais.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
