Foz, 3 de xuño de 2026. Este venres, 5 de xuño, dá comezo o V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que organiza o Concello de Foz e busca “reivindicar a figura dos creadores, actores e actrices do teatro afeccionado, que en Foz tiveron un nome referente como foi O Poto”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Continuará os días 6, 7 , 12, 13 e 14 deste mes.
Inés López anuncia que “haberá obras de teatro gratuítas durante os venres, sábados e domingos desta fin de semana e a próxima. Os venres as obras serán na Sala Bahía e os sábados e domingos, na Casa da Cultura. Estamos encantados da alta participación que tivemos no certame, agradecemos enormemente a todas as compañías que se anotaron e esperamos que aqueles que non foran elixidos se volvan anotar, xa que o nivel era moi alto e foi difícil a escolla”.
A edil de Cultura destaca: “este ano temos compañías galegas de diversos puntos, pero tamén unha de Zamora, o que demostra a boa acollida que está tendo”. Por orde de actuación as obras e grupos, datas, lugares e horarios das representacións son: Moito ruído e poucas noces, da Asociación Cultural Teatro Carauta, venres 5 de xuño ás 20.00 horas na Sala Bahía; Mamaaá!!, de Fénix Teatro, sábado 6 de xuño ás 20.00 horas na Casa da Cultura; Unha obra para un pobo, da Asociación Cultural O Bicho da Barra , domingo 7 de xuño ás 18.30 horas na Casa da Cultura; Dona Clara, do Colectivo Cultural Ollomao, venres 12 de xuño ás 20.30 horas na Sala Bahía; Deus non quere calderilla, da Asociación The-Sastre, sábado 13 de xuño ás 20.00 horas na Casa da Cultura; e Veredicto, de Cambre Theatro Amador-CAMTHEAM, domingo 14 de xuño ás 18.30 horas na Casa da Cultura.
“Agardamos que veña moita xente a desfrutar do teatro e a colaborar co seu voto para escoller aos gañadores das distintas categorías. A entrega de premios será o sábado 20 de xuño nun acto presentado por Lucía Veiga e Marita Martínez”, finaliza a concelleira.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



