A Mariña, 2 de xuño, 2026. O BNG da Mariña vén de expresar o seu apoio á concentración convocada para este xoves, 2 de xuño, diante do Hospital de Burela, na que se reclamarán solucións ás actuais listas de agarda.
“Este xoves as mariñás e mariñaos temos unha cita no hospital ás 12:00. É unha cita sen dilacións e sen derivacións, porque é unha cita para esixir ao Sergas que axilice as consultas médicas. Hai moitos casos nos que as pacientes e os pacientes teñen que agardar un ano, dous… ata tres anos, e mesmo acontece tamén con probas diagnósticas”, sinalan desde o BNG.
“Sergas: menos propaganda e máis axilidade”
Para a formación nacionalista, a situación sanitaria na Mariña “lonxe de mellorar, agrávase”, e consideran que a propaganda institucional “non consegue ocultar a triste realidade que viven cada día moitas veciñas e veciños”, que deben afrontar “incerteza e complicacións nas súas enfermidades” debido ás longas esperas.
Críticas á xestión sanitaria do PP
O BNG afirma que esta situación está a provocar “cada vez máis derivacións á sanidade privada”, o que supón un “desvío de cartos públicos ás empresas médicas”. Segundo indican, estes fondos “acaban engordando os beneficios das corporacións sanitarias”, mentres que o Goberno galego “non inviste en máis recursos materiais e humanos nin na atención hospitalaria nin na primaria”.
A formación lembra que, ao seu xuízo, “a eliminación da Área Sanitaria da Mariña foi o detonante para a perda acelerada de servizos sanitarios na comarca”. Conclúen que esta política responde ao “deseño do PP para desmantelar a sanidade pública en beneficio da privada pagada con cartos públicos”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.



