Nota de prensa
O BNG QUERE SABER CANTO LLES CUSTAN AOS VECIÑOS OS TELÉFONOS MÓBILES DO GRUPO DE GOBERNO E QUEN PARTICIPA NOS XANTARES REGADOS CON VIÑO DE RESERVA
Os nacionalistas esixen explicacións sobre dúas facturas de xantares por importe de 715 euros
Mentres o grupo de goberno come e bebe a facenda pública sigue sen asumir o pago de facturas de provedores de bens e servizos.
Cervo, 28 de decembro de 2010. O BNG esixiu ao alcalde explicacións sobre dúas facturas correspondentes a dúas comidas regadas con viño de reserva a 50 e 22 euros as botella que suman un importe total de 715 euros, os nacionalistas advirten que non se trata de comidas con moitos participantes e queren saber quen e como xustifica o goberno local que nunha situación de crise económica como a actual haxa quen se permite o luxo de facturar a nome do concello tal gasto. Para o BNG cervense non se pode permitir este malgasto e moito menos habendo provedores de bens e servizos que reclaman o pago de facturas que nalgún caso veñen atrasándose dende o ano 2009.
Quen participa e como se xustifica que en só dúas comidas de poucos comensais se faga un gasto de 715 euros.
Os nacionalistas pedirán explicacións ao alcalde pola facturación a conta do concello de dúas facturas por un importe total de 715 euros regadas ambas con viños de reserva e con menús “nos que hai de todo menos o prato do día”. Para o BNG non se pode permitir o abuso do cargo exercido polo goberno local “permitíndose sibaritismos a cargo das arcas públicas que non sabemos si o fan cando sae da súa carteira “, “si lles gusta comer e beber ben que o paguen dos seus petos, non do dos veciños e veciñas deste concello”, espetou o portavoz municipal nacionalista Xoán Estúa. Para Estúa non e propio de gobernantes responsábeis malgastar deste xeito os cartos que son de todos e compre dar explicacións. Neste sentido pedirá coñecer quen participou destes dous xantares e como xustifica o goberno a necesidade deste gasto.
Canto facturan os teléfonos móbiles do grupo de goberno e como se controla o uso responsábel destes aparellos.
O BNG presentará unha batería de preguntas para coñecer que membros do grupo de goberno contan con aparellos de telefonía móbil a cargo da facenda local e canto gasto lle supoñen ás arcas públicas. Os nacionalistas fixeron fincapé en que “o control do gasto debe ser estrito na situación actual e hai maneiras de exercelo”. Para o portavoz municipal, Xoán Antón Estúa, “á vista da pouca contención que ten o goberno local noutras cousas, nisto debemos exercer o control que nos esixe o traballo de oposición”. Neste sentido anunciou a presentación dunha iniciativa para coñecer que membros da equipa de goberno dispoñen de teléfonos móbiles a cargo do concello e cal foi a súa facturación individualizada nos últimos cinco meses.
Mais de 176.000 euros en reclamacións por facturas atrasadas só no mes de decembro.
O BNG puxo en contraposición ao “sibaritismo do goberno local” a constante chegada de reclamacións por parte de provedores de bens e servizos para o cobro de facturas atrasadas. Estúa expuxo que “so no mes de decembro hai reclamacións por 176.000 euros, algunha delas con mais de ano e medio de antigüidade” e criticou que “mentres o grupo de goberno cobra puntualmente os seus salarios e come a conta das arcas públicas hai moitos outros que non teñen tanta sorte”,

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



