Cervo, 5 de xuño, 2026. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar que o Concello de Cervo actuou conforme á legalidade no proceso de reorganización do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). A sentenza desestima na súa totalidade o recurso presentado por representantes da sección sindical da CNT e ratifica o fallo previo do Xulgado do Social número 3 de Lugo.
A sentenza desmonta as acusacións e avala a legalidade do proceso
O alto tribunal conclúe que a decisión municipal estivo sustentada en causas organizativas reais, derivadas da finalización do convenio que regulaba o funcionamento do GES. O TSXG considera acreditado que existía unha motivación suficiente para adoptar unha modificación substancial das condicións de traballo.
Ademais, a resolución rexeita expresamente todas as alegacións relativas á suposta vulneración de dereitos fundamentais. O tribunal descarta que existise represalia algunha contra os traballadores ou contra a actividade sindical da CNT, e afirma que as medidas adoptadas responderon a criterios obxectivos, razoables e plenamente xustificados.
O TSXG tamén avala o proceso de negociación
A sentenza subliña que durante o período de consultas se produciu un auténtico intercambio de propostas, con respostas fundamentadas por parte da Administración local. Non aprecia mala fe negociadora nin vulneración da liberdade sindical, e conclúe que o procedemento seguido se axustou ao marco legal vixente.
Declaracións da alcaldesa: “Actuamos con responsabilidade e transparencia”
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, valorou moi positivamente o fallo e destacou que “esta resolución confirma o que defendemos desde o primeiro día: que o Concello actuou con responsabilidade, con transparencia e dentro da legalidade”.
A rexedora lembrou que o Goberno local trasladou desde o inicio as súas demandas á Deputación de Lugo, administración competente en materia de emerxencias e extinción de incendios. “Ante a falta de solucións, o Concello actuou con responsabilidade, e agora a xustiza confirma que aquela decisión estaba plenamente xustificada”, engadiu.
Un novo respaldo xudicial ao Concello de Cervo
García Caramés concluíu sinalando que esta nova sentenza “reforza a posición mantida polo Concello durante todo o proceso e confirma que sempre actuamos defendendo o interese xeral, a seguridade dos profesionais e a continuidade dun servizo esencial para a cidadanía”.























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



