Nacera en Cangas del Narcea, en 1931, e criárase orfa en Boal. Fixérase mestra e exercera a profesión en Madrid; escollera as terras do Vicedo como lugar de descanso; e, finalmente, faleceu en Madrid no mes de maio de 2026. Tiña 95 anos, moi ben levados.
Xa xubilada, na Mariña Hilda Farfante fixo escola -ensinou e aprendeu- a través da Asociación Nordés. A primeira grande lección, de non máis de dous minutos, pronunciouna en agosto do ano 2012 no Barqueiro. Celebrábanse as Xornadas “Memoria dun tempo” e, xusto despois da proxección do documental dedicado ás Memorias Rotas (A balada do Comandante Moreno) e da intervención do historiador Eliseo Fernández, inmediatamente soou a súa voz para recitar de memoria un fragmento do romance e comentar o substancial sobre o asasinato de seu pai e súa nai, mestres.
Na terceira edición dos citados encontros, foi unha das oradoras principais. Con Andrés Santalla, falou sobre os mestres represaliados; e, a partir dese momento, coñeceuse a súa traxectoria a través das páxinas dun dos capítulos do libro Maestros de la República. Los otros santos, los otros mártires, de María Antonia Iglesias. Dous días despois, na Ponte Vella do Barqueiro, escoitamos o “Grito” que viña repetindo desde o ano 2000 en memoria reivindicativa dos seus proxenitores:
Grito, en primer lugar por ellos, por su injusta, y terrible y cobarde muerte.
Grito por su miedo, por su dolor, por su juventud truncada, por la vida que no vivieron.
Y grito por nosotros, que nos quedamos aquí sin ellos, pobres, huérfanas.
A partir dese momento, a súa docencia xa non se limitou aos encontros anuais. A súa casa sempre estivo aberta para xornalistas, estudantes que preparaban as súas investigacións e para todas as persoas interesadas na memoria democrática. En cada encontro afloraba a súa vocación docente, adquirida case desde o berce e exercitada na etapa adolescente nas aulas dunha tía que a acolleu. No seu habitual papel de anfitriona de personalidades da cultura que convidaba a visitar a Mariña, mostráballes a paisaxe de mar e montaña, mais nunca esquecía as escolas indianas, as tres igrexas levantadas na época dos Andrade e todos e cada un dos lugares “da Memoria” situados entre o nacemento e a desembocadura do Sor.
En correspondencia con esa entrega, a comunidade aglutinada en Nordés vivía como propio cada éxito: o debut no cinema con Las maestras de la memoria (2013), o Goya á mellor película documental (2014), a entrevista de Gonzo (2015), o recoñecemento da Asociación 13 Rosas (2017) e a inclusión entre as persoas homenaxeadas oficialmente en lembranza das vítimas da guerra e da ditadura (2022), na que foi a primeira aplicación da lei de memoria democrática.
Con todo, unha das homenaxes que máis lle encheu o corazón foi a que lle tributaron os veciños e veciñas, por iniciativa do Forum Boal 3000, cun broche final único: o recitado a dúas voces do poema “Ancha ausencia” que lle dedicou o escritor Quique Roxíos.
Foise a pedagoga que abriu as portas ás familias nos concellos escolares do centro que dirixiu, a promotora do teatro nas aulas, a adiantada na atención á diversidade, a loitadora polo fortalecemento da escola pública, mais o seu legado permanece con vigor entre as persoas que voluntariamente se prestaron a ser discípulos e compañeiros.


















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



