O portavoz do PP recoñeceu que a celebración das festas obriga a adaptar a ubicación do mercado cando ambas coinciden, pero defendeu que esa reorganización debe facerse mantendo o día habitual e trasladando os postos á zona de Malates, como, segundo lembrou, se viña facendo durante os gobernos do Partido Popular
Foz, 17 de xullo de 2026. O Partido Popular de Foz denunciou hoxe o que cualifica como un novo exemplo da “mala xestión” do goberno municipal na organización do mercado semanal durante as festas. O portavoz popular, Javier Castiñeira, lamentou os problemas rexistrados este venres e asegurou que a situación provocou importantes prexuízos tanto para comerciantes como para os usuarios.
Castiñeira afirmou que “esperemos que sirva de escarmento esta nova mala experiencia” e criticou que “volvemos a denunciar o desastre na xestión dos mercados en épocas de festas”.
O portavoz do PP recoñeceu que a celebración das festas obriga a adaptar a ubicación do mercado cando ambas coinciden, pero defendeu que esa reorganización debe facerse mantendo o día habitual e trasladando os postos á zona de Malates, como, segundo lembrou, se viña facendo durante os gobernos do Partido Popular.
“Todos entendemos que hai unha prioridade para as festas se coinciden no medio da semana, pero esa alternativa sempre a defendeu o Partido Popular e así a fixemos cando estivemos no goberno: facelo os propios martes, pero na zona de Malates, sempre a zona substitutoria”, sinalou.
Na súa opinión, o cambio do mercado ao venres foi un erro que xerou confusión entre vendedores e clientes. “Cambialo ao venres, como se cambiou novamente, foi enganar os propios comerciantes e os veciños usuarios do mercado, porque atopáronse con que non estaba todo listo despois do día grande das festas do Carme”, manifestou.
Segundo explicou, á primeira hora da mañá o recinto presentaba un estado que cualificou de “lamentable”, con restos do botellón da noite anterior e parte das atraccións aínda sen retirar, o que, ao seu xuízo, provocou importantes dificultades para a instalación dos postos.
“O caos á primeira hora foi tremendo. Estamos a xogar cos negocios de moita xente que, ademais, confía en Foz como un sitio importante para instalar os mercados”, advertiu.
Por este motivo, o PP reclama que o Concello recupere o sistema empregado noutras ocasións e manteña o mercado no seu día habitual, trasladándoo á zona de Malates cando coincida coa celebración das festas.
“Esa é a solución lóxica e normal de sempre, que parece que este señor alcalde non ve”, afirmou Castiñeira, quen engadiu que “o día de mercado que lle toca a Foz é o martes; se non, estariamos facendo un mercado calquera outro día que non é o correspondente e crearíamos máis caos”.
Para rematar, o portavoz popular pediu ao goberno local que tome nota do sucedido para evitar que a situación se repita no futuro.
“Espero que nos escoite, porque o caos foi tremendo. Houbo unha falta absoluta de organización e de limpeza, perdéronse horas de traballo e o mercado mostrou unha desorganización absoluta do equipo de goberno”, concluíu Javier Castiñeira.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



