Burela, 17 de xullo, 2026. A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal correspondente ao ano 2026, concretamente o número 56.099. As persoas interesadas poden contactar con algún membro da entidade para adquirir o décimo, xa que será a directiva quen realice directamente a venda. Para iso, o local da asociación permanecerá aberto todos os mércores de xullo e agosto, de 18:00 a 20:00 horas.
Desde a directiva confían en que, igual que o ano pasado, a lotaría se esgote por completo. Por este motivo animan á veciñanza a adquirila canto antes, dado que o número de décimos é limitado. A asociación destaca que esta iniciativa, como todas as que promove, conta habitualmente co apoio da sociedade burelesa.
O prezo do décimo é de 23 euros, dos que 3 euros corresponden ao donativo para a Asociación Esperanza. A totalidade dos donativos destinarase ás achegas que o colectivo realiza cada ano a entidades e equipos dedicados á investigación contra o cancro, tanto na súa prevención, como na diagnose, tratamento e seguimento da enfermidade, así como a organizacións que traballan para minimizar o impacto da patoloxía na vida das persoas enfermas e das súas familias.
Ao remate do verán, e co obxectivo de distribuílo no mes de outubro, a asociación iniciará a elaboración do calendario Esperanza 2027.
Aportacións económicas de Esperanza
No presente ano 2026, a Asociación Esperanza destinará 13.000 euros á investigación contra o cancro. O proxecto Zebraglio, no que colaboran o HULA e a Universidade de Santiago —con Pablo Cabezas e Pedro Reimunde como dous dos principais investigadores— e centrado no estudo do glioblastoma, xa recibiu 3.000 euros.
A Fundación Quiroga Piñeiro do Centro Oncolóxico de A Coruña recibirá 2.000 euros, a mesma contía que a Asociación Somos Unidos por el Cáncer de Lugo. Pola súa banda, o Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama (GEICAM) contará cunha achega de 1.500 euros.
Ademais, a entidade realizará outras tres aportacións de 1.500 euros cada unha para os seguintes proxectos:
– Proxecto VERO, centrado no valor prognóstico e preditivo da resposta do microambiente do cancro gástrico en persoas novas, dirixido pola doutora Ana Fernández Montes, xefa de Oncoloxía da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.
– Estudo sobre a modulación da resposta ao tratamento por parte do microambiente tumoral en cancro de páncreas, liderado polo doutor Jorge Barbazán da Universidade de Santiago.
– “O papel da microbiota intestinal en pacientes de cancro de mama luminal”, actualmente na fase de recrutamento de doentes e controis, e vinculado a outro estudo sobre a influencia dos minerais no organismo humano con este tipo de tumor. Neste proxecto participa o oncólogo do HULA, o doutor Ignacio Fernández Sobrado.
A asociación subliña que estas achegas permiten cumprir un dos seus principais obxectivos: contribuír ao financiamento de proxectos de investigación relacionados co cancro. Así mesmo, agradece a colaboración de todas as persoas e colectivos que fan posible a difusión e o éxito das súas iniciativas.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



