Pilar García Porto valorou que “a mobilidade e a cooperación cos concellos van da man, porque mellorar as comunicacións é tamén fortalecer o territorio, fixar poboación e garantir a igualdade de oportunidades”
Lugo, 17 de xullo de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou mobilizar este venres preto dun millón de euros para reforzar a mobilidade e a cooperación cos concellos. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal que tivo lugar pola mañá na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.
“Seguimos investindo para que vivir en calquera concello da provincia sexa un sinónimo de ter servizos, comunicacións e oportunidades. A mobilidade e a colaboración cos municipios son dúas políticas que van da man, porque mellorar as comunicacións tamén significa fortalecer o territorio, fixar poboación e garantir igualdade de oportunidades”, destacou a Deputada.
Nova ponte sobre o río Navia
No ámbito da mobilidade, a Xunta de Goberno licitou o proxecto para construír unha nova ponte sobre o río Navia, nun tramo da estrada provincial LU-P-3501, no concello de Navia de Suarna. Explicou a Deputada que a actuación supón un paso decisivo para recuperar unha conexión que permanece interrompida desde o pasado mes de xaneiro, cando as fortes precipitacións provocaron o derrubamento da ponte, deixando sen tráfico este acceso.
A redacción do proxecto contará cun investimento de 97.150,62 euros e un prazo de execución de oito meses. A futura infraestrutura deberá dar resposta á complexidade técnica da actuación, incorporando estudos estruturais, hidráulicos, xeotécnicos e ambientais que permitan construír unha ponte segura, moderna e preparada para facer fronte a fenómenos meteorolóxicos extremos.
Máis de 530.000 euros para mellorar estradas en Mondoñedo e Ourol
A Xunta de Goberno tamén aprobou a licitación de dúas actuacións para rehabilitar o firme de estradas provinciais nos concellos de Mondoñedo e Ourol.
En Mondoñedo actuarase cun investimento de 255.837,27 euros nas estradas LU-P-3103, de Lindín a Santa María Maior desde o punto quilométrico 6,1 ao 7; e a LU-P3106, dos Remedios a Romariz por Estelo entre o quilómetro 1,7 e o 3. Dúas vías que conectan parroquias e melloran a comunicación co concello de Abadín.
Renovarase en Ourol o firme en tres treitos da LU-P-3801, estrada que comunica o núcleo da capital municipal con lugares como O Carme e As Lobeiras, con 276.688,33 euros.
Concretamente, os traballos afectaran ao inicio da vía ata o punto quilométrico 1,9; desde o quilómetro 3 ao 3,8 e desde o quilómetro 4,4 ao 4,8.
As obras consistirán, en todos os casos, na apertura de cunetas, renovación do pavimento con aglomerado en quente e reposición da sinalización horizontal, cun prazo de execución de catro meses.
Convenios con Láncara e Quiroga
En cooperación cos concellos, a Deputación aprobou un convenio co Concello de Láncara polo que achegará 250.000 euros para financiar a mellora de camiños municipais nas parroquias de Pedreira, Láncara, Trasliste, Vilar de Toirán, Ronfe e Vilambrán.
As actuacións inclúen a apertura de cunetas, reparación de desperfectos, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal, co obxectivo de mellorar a mobilidade da veciñanza e os accesos ás vivendas e explotacións agrogandeiras.
Así mesmo, aprobouse un convenio co Concello de Quiroga, cunha achega provincial de máis de 60.000 euros, para financiar actuacións de posta en valor do patrimonio, promoción turística e dinamización social.
O acordo permitirá crear un roteiro para divulgar a historia da siderurxia do ferro na Toca, mellorar a sinalización dos recursos turísticos do municipio, elaborar un estudo para a recuperación patrimonial do Castelo de Novais e colaborar na programación das actividades de Nadal.
“Os acordos aprobados hoxe son un exemplo do modelo de traballo deste Goberno provincial: investir onde máis se necesita, colaborar cos concellos desde o respecto á súa autonomía e facer da cooperación institucional a mellor ferramenta para mellorar a calidade de vida da cidadanía e avanzar nunha provincia con máis oportunidades para todos e todas”, valorou García Porto.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



