Ribadeo, 7 de xuño, 2026. Ribadeo acollerá o vindeiro 28 de xuño de 2026 unha nova edición da Heroican Race by ZIVA, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario estatal de carreiras de obstáculos.
Organizada pola Asociación Gallaecia Extrem Race e coa colaboración do grupo BeOne Fitness & Sport, a proba continúa medrando en relevancia e proxección, incorporando este ano un patrocinador principal de referencia internacional: a marca ZIVA, pertencente a Fitness Deluxe.
Este acordo supón un impulso estratéxico para o evento, que pasa a denominarse oficialmente Heroican Race by ZIVA, reforzando o seu posicionamento como competición de referencia dentro do sector do fitness e das OCR (Obstacle Course Races).
Un evento en expansión
A edición 2026 da Heroican Race chega con previsións de crecemento significativas, cunha participación estimada de 600 corredores, consolidando a evolución do evento e o seu crecente atractivo dentro do calendario nacional de carreiras de obstáculos.
O evento ofrecerá un percorrido esixente de varios quilómetros con numerosos obstáculos deseñados para poñer a proba a resistencia, a forza e a capacidade de superación dos participantes. A cita combina deporte, espectáculo e experiencia, atraendo tanto a atletas experimentados como a público amateur, ademais de xerar impacto turístico en Ribadeo e na súa contorna, un dos destinos máis recoñecidos da costa galega pola súa paisaxe, natureza e localizacións como a Praia das Catedrais.
ZIVA, novo partner estratéxico
A incorporación de ZIVA como patrocinador principal marca un punto de inflexión na evolución do evento. Esta alianza permitirá elevar a experiencia tanto para participantes como para espectadores, incorporando novos estándares de calidade, equipamento e visibilidade.
A denominación Heroican Race by ZIVA reflicte esta nova etapa, na que a proba aspira a seguir medrando en prestixio e alcance dentro do panorama nacional.
Marcas que impulsan a edición 2026
A edición 2026 contará ademais co apoio de novos patrocinadores como Amix, Captology, Limasa Sport, Arla Protein, Pleniage, Fitness Project e Zenowell, que se suman a un sólido ecosistema de colaboradores que teñen acompañado o crecemento do evento en anos anteriores.
Entre eles destacan entidades como I-Nerxia, Eciman, Matrix, Acisa Ribadeo, Estudio 43N, así como o respaldo institucional do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia, fundamentais para o desenvolvemento e consolidación da proba.
BeOne, motor do desenvolvemento deportivo
Desde BeOne Fitness & Sport continúase apostando pola promoción do deporte e pola creación de eventos que fomenten hábitos de vida saudables, o compañeirismo e a superación persoal.
A Heroican Race by ZIVA representa un claro exemplo desta aposta, consolidando Ribadeo como un enclave clave para o desenvolvemento de eventos deportivos de impacto no norte de España.
Sobre a Heroican Race
A Heroican Race é unha carreira de obstáculos integrada no circuíto nacional OCR, caracterizada polo seu percorrido esixente, pola variedade de probas e polo seu forte compoñente experiencial. Ano tras ano, o evento segue evolucionando, posicionándose como unha das citas imprescindibles do deporte de aventura en Galicia.






















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.


