Os nacionalistas critican que o PP abandone a variante prevista na VAC Costa Norte para promover unha estrada convencional que non resolverá os problemas de mobilidade e que enterrará definitivamente a posibilidade de que Viveiro conte no futuro cunha futura vía de altas prestacións que permita a súa conexión co resto do territorio
Viveiro, 9 de xuño, 2026. O BNG de Viveiro denuncia a teima do Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia por incumprir a execución da variante de Viveiro, unha infraestrutura xa aprobada e integrada na VAC Costa Norte, e que agora o Goberno galego pretende reiniciar desde cero, retomando estudos e trámites realizados e validados hai dúas décadas polo Goberno bipartito PSOE–BNG.
A formación nacionalista considera inadmisible que a Xunta presente como un avance a autorización para redactar un novo proxecto construtivo, baseado nunha variante de baixas prestacións, cando o que realmente está a facer é desbotar unha solución xa definida, aprobada e preparada para continuar a súa tramitación.
“A Xunta do PP está a desviar a atención e a facer ver que actúa, pero a realidade é que está a desfacer o traballo realizado polo Goberno bipartito no ano 2006 e a reiniciar estudos que xa estaban aprobados”, afirma Iria Cotelo, portavoz do BNG de Viveiro. “En lugar de executar a variante aprobada, que permitía desviar o tráfico do centro urbano e conectar Viveiro cunha vía de alta capacidade, decide malgastar cartos públicos en repetir trámites para promover unha estrada convencional que non resolverá os problemas existentes”.
Cotelo lembra que a variante integrada na VAC Costa Norte contaba xa cos avances necesarios para a súa execución. O anuncio publicado no DOG nº 138, do 18 de xullo de 2006, recollía a solución acordada para Viveiro, impulsada polo Goberno bipartito. Ademais, a declaración de impacto ambiental fora modificada e publicada no DOG nº 110, do 9 de xuño de 2006, incorporando os subtramos Covas–Viveiro Sur e Viveiro Sur–Celeiro. É dicir, a solución estaba definida, avaliada ambientalmente e lista para continuar a súa tramitación.
Desde o BNG consideran especialmente grave que a Xunta anuncie supostos avances cando aínda permanece aberto o prazo para presentar alegacións ao novo estudo informativo. “Resulta contraditorio vender como feitos consumados uns pasos que aínda están sometidos á participación pública”, apuntan.
A formación nacionalista advirte tamén de que este non é só un retroceso polo malgasto de tempo e recursos públicos, senón tamén pola perda de calidade da infraestrutura prevista. “O PP non só renuncia a unha variante integrada nunha vía de altas prestacións, senón que a substitúe por unha estrada convencional que non resolverá os problemas de mobilidade actuais e que pode enterrar definitivamente a posibilidade de conectar Viveiro e a Mariña cunha infraestrutura acorde ás necesidades do século XXI”, denuncia Cotelo.
Por todo isto, o BNG de Viveiro esixe á Xunta de Galicia que deixe de incumprir os compromisos adquiridos e execute dunha vez a variante aprobada. “O que Viveiro necesita non son máis anuncios nin máis estudos para repetir un traballo que xa estaba feito. O que precisa é que a Xunta cumpra o que leva vinte anos aprobado e pendente de executar”, conclúe a portavoz nacionalista.





















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



