Xove, 10 de xuño de 2026. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que as 147 bandeiras azuis coas que conta Galicia este ano —10 máis que no exercicio anterior— “ofrecen todas as garantías” e consolidan á comunidade como un referente internacional de calidade, excelencia e sustentabilidade turística. “Para falar de Galicia Calidade fan falta exemplos visibles e recoñecibles como o son estas bandeiras”, asegurou.
Durante a súa participación no acto de entrega destes galardóns, celebrado no concello lugués de Xove e no que tamén estivo presente a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o titular do Goberno galego subliñou que esta marca xera confianza e valor, sendo un símbolo recoñecido polos visitantes.
Rueda felicitou así aos municipios galardoados e agradeceu o traballo da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) por impulsar á comunidade a superarse ano tras ano, ao tempo que avogou por seguir mantendo esa esixencia que “nos beneficia a todos”.
Nesta edición, Galicia recibiu un total de 147 bandeiras azuis distribuídas en 118 praias, 11 portos e 18 centros. A estas distincións súmanse os 72 distintivos outorgados aos sendeiros azuis o pasado mes de marzo, acadando un total de 219 recoñecementos. Con estas cifras, Galicia convértese na “comunidade que máis medra en bandeiras azuis” e a segunda con máis galardóns de España, o que supón que un de cada cinco recoñecementos concedidos en todo o país recae no territorio galego. Ademais, os municipios de Sanxenxo e Vigo repiten como os dous concellos españois con máis areais galardoados.
Como novidades deste ano, destacan a incorporación de catro novas praias que obteñen o distintivo por primeira vez: Niñóns (Ponteceso), O Laño (Poio), Pampaído (Sanxenxo) e a praia dos Franceses (A Veiga), que se converte na primeira praia da provincia de Ourense en conseguir unha bandeira azul. Así mesmo, incorpóranse dous novos centros azuis: as sedes da Coruña e de Vigo do Instituto Español de Oceanografía.
Un ano de xestión propia do litoral
Alfonso Rueda incidiu en que este liderado en calidade ten un mérito especial cando se está a piques de cumprir, o vindeiro 1 de xullo, o primeiro aniversario desde que Galicia asumiu as competencias efectivas de xestión do
“Ter un litoral magnífico, o máis longo de España, pero tamén cos mellores estándares de calidade, significa que a vida económica, as persoas e as actividades que existiron toda a vida poidan seguir estando aí, sendo rigorosos e respectuosos. E a mellor maneira de expresar todo iso son estas bandeiras azuis”, asegurou.
Neste sentido, lembrou que este mesmo verán os cidadáns poderán comezar a percorrer, a pé ou en bicicleta, o Camiño do Litoral, un gran itinerario de máis de 1.300 quilómetros dividido en 53 etapas.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



