O alcalde, Valentín Calvín, amosou a súa profunda satisfacción tras o éxito da negociación, destacando que “se trata de un logro colectivo y un punto de inflexión para el municipio”. O rexedor insistiu en que “el gobierno local cumple con la que era una de nuestras promesas electorales más importantes de todo el mandato”, un compromiso firme que asumiron cos cidadáns e coa propia plantilla municipal conscientes da urxencia de regularizar a situación. “Una vez más, demostramos que cumplimos”, resume o rexedor
Ortigueira, 12 de xuño de 2026. O Concello de Ortigueira aprobou a súa primeira Relación de Postos de Traballo, coñecida tecnicamente como RPT. Este documento organizativo, que nunca existira no municipio nos termos que esixe a normativa moderna, foi respaldado na mesa de negociación por unha ampla maioría dos representantes dos traballadores. O resultado da votación saldouse con trece votos a favor, emitidos polas centrais sindicais de Comisións Obreiras, a Confederación Intersindical Galega e a Unión Xeral de Traballadores, fronte a dous votos en contra do sindicato USO e cinco abstencións de USTG. Con este respaldo maioritario, a administración local pecha unha das asignaturas pendentes que máis anos levaban por resolverse.
Para comprender a magnitude deste acordo é necesario botar a vista atrás, xa que a estrutura de persoal do municipio se rexia por criterios obsoletos que non se modificaban de maneira integral desde o ano 1978. Durante case medio século, a ausencia dunha RPT obrigaba o Concello a funcionar nunha situación de constante provisionalidade e remendos organizativos. Non contar con este instrumento básico de xestión de recursos humanos supoñía, na práctica, incumprir de maneira sistemática a lexislación estatal e autonómica en materia de emprego público. A lei esixe que os concellos detallen as funcións, requisitos e retribucións de cada posto de forma clara, algo que en Ortigueira se fora postergando mandato tras mandato pola dificultade técnica e política que entraña o proceso.
Esta carencia histórica afectaba directamente ao día a día dos empregados municipais e, por extensión, á calidade dos servizos que se prestan aos veciños. Ao non existir unha definición clara das funcións de cada posto, producíanse situacións de desigualdade laboral, dificultades extremas para a promoción interna e unha alarmante rixidez á hora de cubrir baixas ou reforzar departamentos saturados, como os servizos sociais ou as áreas técnicas. A aprobación da RPT subsana estas deficiencias de raíz, xa que dota o Concello dun organigrama nítido que define que fai cada profesional, que titulación necesita e que salario lle corresponde de maneira obxectiva, eliminando calquera espazo para a arbitrariedade.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, amosou a súa profunda satisfacción tras o éxito da negociación, destacando que “se trata de un logro colectivo y un punto de inflexión para el municipio”. O rexedor insistiu en que “el gobierno local cumple con la que era una de nuestras promesas electorales más importantes de todo el mandato”, un compromiso firme que asumiron cos cidadáns e coa propia plantilla municipal conscientes da urxencia de regularizar a situación. “Una vez más, demostramos que cumplimos”, resume o rexedor.
Segundo palabras do propio Calvín, “hoy es un día para dar las gracias a todos los que han hecho posible este avance, ya que se entra por fin en el siglo XXI en materia de gestión pública”. O alcalde manifestou que quere agradecer expresamente “la altura de miras, la generosidad y la intensa colaboración de los sindicatos mayoritarios y de los propios trabajadores municipales, que han sabido entender que el beneficio general debía primar sobre cualquier interés particular”. Calvín sinalou que foron “meses de reuniones intensas, de mucho diálogo y de un esfuerzo técnico brutal, pero que el resultado demuestra que cuando hay voluntad de mejorar Ortigueira, los acuerdos se alcanzan”.
O mandatario local fixo especial fincapé nas consecuencias do atraso que arrastraba a administración, afirmando que “no tener RPT desde el año 1978 suponía una anomalía democrática y un incumplimiento de la ley que no podía extenderse ni un minuto más en el tiempo”. O rexedor explicou que os sucesivos gobernos municipais miraron para outro lado por medo a afrontar un problema complexo, pero que o seu equipo “asumió el reto porque la legalidad y la dignidad de los trabajadores no son negociables”. Para o alcalde, esta sinatura supón “saldar una deuda histórica” e demostrar que “las promesas electorales de su nuestro proyecto no eran papel mojado, sino compromisos reales de gestión”.
Máis alá do cumprimento legal, o acordo tradúcese de inmediato nunha mellora substancial das condicións laborais e salariais dos empregados do Concello. A RPT introduce criterios de equidade, garantindo que a igual traballo corresponda igual retribución, e establece un marco claro para que os traballadores poidan desenvolver a súa carreira profesional dentro da administración con total transparencia.
Valentín Calvín concluíu as súas declaracións lembrando o impacto positivo que este documento terá na cidadanía, asegurando que “unos trabajadores con mejores condiciones y una administración bien organizada se traducen directamente en una mejor atención al vecino, en trámites más rápidos y en un Concello más ágil”. O alcalde resumiu o sentir do executivo afirmando que “se ha puesto orden en la casa de todos los orteganos y que con esta base jurídica sólida, Ortigueira está mucho mejor preparada para afrontar los retos económicos y sociales del futuro”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



