Nota de prensa:
Jose Manuel Balseiro, Alfonso Villares e Jose María González Barcia mantiveron un encontro cos oito empregados da empresa cerámica que perderon o seu emprego, sete dos cales poderían ser beneficiarios destas axudas estatais
Os populares anuncian que tras mediar con Cerámica de Sargadelos a dirección está disposta a solicitar as axudas estatais de prexubilación en beneficio dos traballadores despedidos
· No PP din que tras a axuda da Xunta para garantir o mantemento de máis dun cento de postos de traballo, Deputación e Goberno central poden e deben implicarse tamén financiando estas axudas estatais.
· Os populares veñen desenvolvendo distintas accións de mediación entre a empresa e os traballadores e ante a administración.
A Mariña, 29 de decembro de 2010.- Os populares anuncian que tras efectuar as correspondentes xestións de mediación diante da empresa Cerámica de Sargadelos a dirección está disposta a solicitar formalmente as axudas estatais para a prexubilación dos traballadores despedidos. Así o deron a coñecer no día de hoxe os representantes populares Jose Manuel Balseiro, Alfonso Villares e Jose María González Barcia no transcurso dunha xuntanza que mantiveron con estas oito persoas que formaban parte do cadro de persoal da empresa Sargadelos e que perderon o seu emprego. Sete destes traballadores estarían en condicións –pola súa idade e tempo de cotización- de ser beneficiarios destas axudas estatais que xa se teñen outorgado a outras empresas –en condicións idénticas- de Galicia e do resto de España.
MEDIACIÓN
Os populares intensificaron nas últimas datas os distintos contactos tras anunciar a súa intención de seguir mediando entre empresa e traballadores para buscar unha solución á problemática pendente, isto é, á que afectaba aos traballadores que foron despedidos como consecuencia do ERE extintivo e que a empresa renunciou seguir executando como condición para recibir a axuda da Xunta. Nun primeiro momento os populares reuníronse coa dirección da cerámica cervense con quen acordaron solicitar formalmente as axudas estatais de prexubilaicón, uns trámites que teñen previsto iniciar durante o vindeiro mes de xaneiro e que esperan estean resoltos en febreiro. Precisamente o resultado desta xuntanza e o acordo acadado é o que se lle trasladou no día de hoxe aos traballadores despedidos, con ocasión da reunión celebrada esta mañá.
DEPUTACIÓN E ESTADO TAMÉN PODEN E DEBEN IMPLICARSE
Os populares explicaron que tras a axuda da Xunta para garantir o mantemento de máis dun cento de postos de traballo, Deputación e Goberno central poden implicarse tamén financiando as axudas oportunas para estes traballadores despedidos. A normativa estatal establece expresamente a posibilidade de outorgar unha compensación económica periódica –que pode aproximarse ao 100% do salario que deixan de percibir- e que recibirían ata que estas persoas cumpran os requisitos de acceso á idade de xubilación anticipada ou xubilación ordinaria (60 e 65 anos respectivamente).
Os populares lembran que o outorgamento destas axudas é decisións exclusiva do Estado, pero nada impide que se sumen outras administracións como é o caso da Deputación de Lugo que polo de agora non ten efectuado ningún apoio a estes traballadores despedidos. A Xunta de Galicia xa amosou o seu compromiso co cadro de persoal da cerámica cervense achegando as correspondentes axudas a través dun convenio subscrito coa Consellería de Economía e Industria por un importe dun millón de euros. Agora é a quenda do Goberno central que ten a competencia exclusiva no ámbito da Seguridade Social e xubilacións. Balseiro espera que tanto no Executivo central como na Deputación sexan sensibles, se impliquen e colaboren para dar solución á situación destas persoas.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



