A Obra Social das Fillas do Divino Celo – Rogacionistas fai balance dos 3 primeiros meses de actividade deste novo recurso, agradecendo a acollida que tivo en Burela e na Mariña por parte de veciños, centros educativos e empresariado local
Burela, 16 de xuño, 2026. O Fogar San Aníbal Os Castros é un centro de acollida especializado en menores migrantes non acompañados concertado coa Xunta de Galicia e xestionado polas Fillas do Divino Celo, entidade referente na atención á infancia e a adolescencia e que conta cunha ampla experiencia na atención a menores en Burela.
O centro, que se atopa integrado nun edificio cedido polo Concello de Burela onde xa funcionaba unha vivenda para a emancipación de mozos maiores de 18 anos, é un fogar funcional no que os menores conviven durante as 24 horas nun ambiente de proximidade e acompañamento cun equipo multidisciplinar de 14 profesionais, dirixidos polo pedagogo Iván Penelo.
Aínda que dispón de 12 prazas, as necesidades e a alta ocupación do sistema de protección de Galicia fan que o centro conte actualmente con 14 mozos, de entre 12 e 18 anos, dos cales 11 chegaron a Burela desde Canarias e os outros 3 desde Ceuta. Os seus países de orixe son Gambia, Mali, Marrocos, Senegal e Mauritania. A maioría chegaron a España en patera ou a nado despois de meses de travesía migratoria por diferentes países africanos, con vivencias moi duras.
“Nestes escasos 3 meses, os seus rostros e esperanzas cambiaron”, asegura Jesús Iglesias, director da Obra Social das Fillas do Divino Celo. “Queremos destacar o traballo do inspector xefe de Educación de Lugo, Íñigo Barreira, que fixo posible a súa escolarización en diferentes centros educativos da comarca. A acollida e implicación destes Centros é todo un exemplo do bo traballo que desenvolven”.
Os menores cursaron diferentes estudos estes últimos meses no IES Monte Castelo de Burela (ESA e ESO), IES Perdouro de Burela (acción formativa para desempregados en operacións de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios), IES Marqués de Sargadelos en San Cibrao (ESO e formación profesional), CPR Martínez Otero de Foz (educación secundaria) e CPR Plurilingüe do Pilar de Foz (Primaria e ESO).
“Tamén queremos destacar a boa acollida por parte dos veciños de Burela nestes primeiros meses. Só podemos dar as grazas pola amabilidade e axuda para a integración destes mozos, sen que recibísemos ningún feito negativo”, confirma o director da Obra Social.
Os menores chegaron con moitísimas carencias de formación e, a pesar de que levaban case todos máis dun ano en España, o seu coñecemento do castelán é escaso, polo que desde o Fogar, xunto os centros educativos, é unha prioridade reforzar o seu coñecemento do castelán e do galego, dedicándolle cada día 2 horas de estudo xunto cos seus educadores. Ademais, 8 dos mozos, 2 que acaban de cumprir a maioría de idade e 6 que xa teñen 17 anos, compaxinan os seus estudos co traballo as fins de semana ou ao saír de clase.
Para Jesús Iglesias, “estes mozos son un claro exemplo de superación, demostrando moitas ganas de aprender e de traballar. Dificilmente poderiamos pedirlles máis en tan pouco tempo. Son conscientes de que Galicia lles axuda, pero eles queren tamén valerse por eles e contribuír ao ben da sociedade galega”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


