Burela, 16 de xuño, 2026. Este luns pasará á historia de Burela, da Mariña e de toda Galiza. Dende unha vila pequena amosouse ao mundo unha forma de ser, de vivir e de convivir que, aínda que non é perfecta, segue un camiño firme cara á integración da diversidade.
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou que “fixemos historia: nunha vila duns 10.000 habitantes xuntámonos para ver o encontro España–Cabo Verde, degustar os mellores pratos das diferentes culturas e facer festa. Estamos acostumados a facelo, pero desta volta amosámolo ao mundo enteiro, nun ambiente totalmente pacífico e cheo de ledicia. O resultado era o de menos, por iso celebramos un empate a ceros”.
Para o BNG a vila fou por un día a capital do mundo
Os nacionalistas agradecen a colaboración de todos os colectivos e da veciñanza en xeral por se envorcarem co Festival De Cabo a Cabo.
Como tantas outras veces, Burela envorcouse. Para o voceiro do BNG, “a veciñanza deu, unha vez máis, mostra do que significa esta vila. Xa nos días previos, na preparación das prazas, todo o tecido asociativo colaborou coa organización para que non faltase detalle e todo saíse á perfección. Os artistas convidados non dan crédito do acontecido. Por iso temos que mostrar todo o noso agradecemento á veciñanza, aos colectivos e asociacións e ás persoas que se achegaron doutros puntos para levantar o festival De Cabo a Cabo, que transcendeu o deporte e se converteu nun momento histórico e inesquecible para todas”.
Para rematar, o tenente de alcaldesa indicou que “por todo isto, imos seguir traballando por esta vila, por esta mocidade e por todos estes colectivos migrantes que nos axudan, que sempre están dispostos a traballar man a man e que constrúen unha vila na que ninguén queda atrás”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


