O senador popular lembra que cinco anos despois da parada das cubas de electrólise o Goberno aínda non autorizou os parques eólicos comprometidos para garantir a viabilidade da planta de San Cibrao
A Mariña, 18 de xuño de 2026. O senador do Partido Popular José Manuel Balseiro asegurou que resulta “cando menos sorprendente” que o PSOE pretenda presentar como un éxito a súa política industrial cando segue mantendo compromisos fundamentais pendentes cos traballadores de Alcoa e coa comarca da Mariña. Neste sentido, lembrou que xa pasaron cinco anos desde a parada das cubas de electrólise da fábrica de San Cibrao e xa se completou o proceso de rearranque e, a pesar diso, o Goberno de Pedro Sánchez continúa sen autorizar os parques eólicos comprometidos, unha infraestrutura clave para garantir a competitividade e a viabilidade futura da planta.
O senador popular tamén quixo aclarar que as axudas destinadas á construción do forno de ánodos en San Cibrao, cuxas características e alcance se coñeceron precisamente grazas a unha pregunta formulada polo Grupo Popular no Senado, están financiadas con fondos europeos e non con recursos propios do Executivo central. “Convén lembrar que estes fondos proceden da Unión Europea, onde o Partido Popular é a principal forza política e desempeña un papel determinante na definición das políticas industriais e de apoio á competitividade”, sinalou.
Balseiro considera que o verdadeiro apoio estratéxico á reindustrialización de Galicia non consiste en facer propaganda nin en apropiarse de fondos europeos, senón en cumprir todos os compromisos pendentes recollidos tanto no Memorando de Entendemento como no acordo de viabilidade asinados cos sindicatos e cos traballadores de Alcoa.
“Se o Goberno quere demostrar o seu compromiso coa industria electrointensiva, debe comezar por garantir un prezo eléctrico estable e competitivo, unha reclamación histórica do sector que aínda non foi resolta. Esa é a principal ferramenta para asegurar investimentos, manter o emprego e consolidar a actividade industrial en Galicia”, afirmou.
O senador popular lamentou que o Executivo socialista continúe acumulando incumprimentos mentres intenta atribuírse méritos que non lle corresponden. “O señor Mogo fala de apoio estratéxico á reindustrialización, pero a realidade é que os traballadores de Alcoa seguen agardando por compromisos que o Goberno aínda non cumpriu. O verdadeiro apoio á industria non se mide polas notas de prensa nin polos discursos triunfalistas, senón polos feitos”, subliñou.
“A mellor expresión do apoio á reindustrialización de Galicia sería cumprir integramente o Memorando de Entendemento e o acordo de viabilidade, empezando por garantir un prezo eléctrico estable e competitivo para a industria electrointensiva e desbloqueando todos os proxectos pendentes. Mentres iso non aconteza, o Goberno ten moito máis que facer que presumir”, concluíu.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



