Ribadeo, 23 de xuño de 2026. O vindeiro domingo 28 de xuño, Ribadeo volverá converterse nun escenario de emoción e esforzo coa celebración da Heroican Race, que alcanza xa a súa sexta edición —a quinta que se disputa na localidade mariñá.
A competición reunirá arredor dun milleiro de persoas entre corredores, acompañantes e persoal da organización. Os participantes deberán enfrontarse a un percorrido de 10 quilómetros con máis de 30 obstáculos, deseñados para poñer a proba tanto a capacidade física como a fortaleza mental. A proba combina resistencia, forza e estratexia nun formato que se consolidou como unha das experiencias deportivas máis espectaculares de Galicia.
A Heroican Race está organizada pola Asociación Gallaecia Extrem Race e o grupo de xestión deportiva BeOne, e conta este ano co apoio indispensable de Ziva, ademais da Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo, Amix, Matrix, Fitness Project, Limasa, Captology, Zenowell, Pleniage, ACISA, I-NERXIA, 43N, Eciman e o Clúster Galego da Industria do Deporte, entre outros.
Ademais das competicións nas categorías élite masculina e feminina e na popular competitiva, a cita está integrada na Liga Española AOCO (Asociación de Organizadores e Clubes de Obstáculos de España), o que garante un alto nivel deportivo e a presenza dalgúns dos mellores especialistas do país.
A entrega de premios —na que participarán o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, o CEO de BeOne, Roberto Ramos, e representantes das entidades patrocinadoras— poñerá o broche final a unha xornada que atraerá a numeroso público.
A Heroican Race 2026 reafirma así o seu espírito: unha cita que non só mide a condición física, senón tamén a capacidade de superación e o traballo en equipo.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



