Mondoñedo, 1 de xullo, 2026 O Concello de Mondoñedo, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe a exposición Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel. No acto participaron Manuel Ángel Otero Legide, alcalde de Mondoñedo; Carlos Teijeiro Pita, coordinador institucional de ABANCA en Lugo; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
A mostra poderá visitarse ata o 27 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 h, e polas tardes baixo demanda.
Destino reúne catro peregrinacións realizadas en catro países de catro continentes —Tíbet, Senegal, México e Galicia— empregando a fotografía documental como ferramenta narrativa. A través destas viaxes, Manuel Valcárcel conta historias unidas por un fío común: a procura de respostas universais que conectan persoas de todo o mundo.
A exposición forma parte do programa Corrente cultural, co que Afundación impulsa actividades culturais en colaboración cos concellos galegos e ABANCA.
Nun territorio marcado pola emigración e o espírito peregrino, a mostra pon o foco na importancia vital da viaxe, entendida como un percorrido físico e, ao mesmo tempo, unha reflexión interior sobre identidade, valores e necesidades. As catro peregrinacións de Valcárcel abordan temas como a familia, a emigración, o envellecemento, a sostibilidade e o fogar, cuestións que dialogan co labor social de Afundación.
As imaxes do fotógrafo galego, cargadas de emoción, vida e cor, convidan a unha viaxe interior e física que conecta co público e co patrimonio humano que define Galicia.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



