Foz, 2 de xullo de 2026. O Concello de Foz “non para e continúa o seu traballo na área cultural. Despois dun exitoso certame de teatro afeccionado no mes de xuño, o mes de xullo tamén ven cargado de actividades”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “esta primeira fin de semana de xullo damos comezo ao ciclo de concertos Sons na Rúa, na que os grupos locais nos deleitarán con actuacións ás 21.00 horas nas prazas do concello. Neste caso arrancamos co grupo da Escola de Música Municipal MPlan, que tocará na Praza Rosalía de Castro. Tamén abrirá este venres a Feira Galega de Artesáns, que estará toda a fin de semana na Praza Conde de Fontao, en horario de 12 a 14 e de 18 a 23 horas”.
Inés López engade: “para quen lle apeteza unha boa cea, na Espiñera organizan a súa 4ª Torresmada Popular o sábado a partir das 20.30 horas amenizada ademais con música, entre outros da agrupación a Subela de Foz. E para rematar a fin de semana con boas vibracións volve coma todos os anos o Festival Coa Nosa Fala, que trae a mellor música galega e en galego. Este ano contamos co grupo Dous, clarinete e guitarra que nos deleitarán co seu son, así coma o grupo De Vacas, que coas súas versións das cancións máis actuais farannos bailar e rir a un tempo. Será a partir das 21.00 horas do domingo na Praza Rosalía de Castro”.
A concelleira de Cultura anuncia tamén: “a vindeira semana comezamos cos martes de teatro infantil e a partir das 20.30 horas na Praza Rosalía de Castro poderemos ver a Compañía Elefante Elegante coa obra Coralinda”.
E o alcalde, Fran Cajoto, destaca: “abrimos o verán de Foz cun sol radiante e a mellor das culturas para que todos desfrutemos. Artesáns, música, teatro, e como non, unha gastronomía marabillosa, para pasar uns meses de actividades ao aire libre do máis alto nivel”.



























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



