Este martes comezou esta nova fase do proxecto que mellora a vía provincial LU-P-0108, que conta cun orzamento que supera os 300.000€ e que renova o treito que vai dende o punto quilométrico 0,675 ao 6,245
Lugo, 7 de xullo de 2026. A Deputación de Lugo desenvolve este martes os traballos de aglomerado na estrada provincial LU-P-0108, a vía que conecta os núcleos de Foxas e Canteirada. A institución provincial inviste máis de 300.000€ neste proxecto que está mellorando o treito que vai dende o punto quilométrico 0,675 ao 6,245.
Esta fase chega logo de que rematasen os labores de limpeza e reapertura de cunetas, a mellora da drenaxe. Unha vez remate o aglomerado, procederase á reposición de sinalización horizontal e vertical.
A estada LU-P-0108 É unha vía fundamental para a mobilidade interna do municipio, porque enlaza ademais ambos puntos coa estrada nacional N-634. Unha infraestrutura esencial dos desprazamentos diarios da veciñanza, porque dá acceso ás explotacións agrogandeiras da zona e conecta coa rede viaria principal.
Esta actuación forma parte do compromiso da Deputación coa mobilidade da provincia. O Goberno provincial entende que as comunicacións son unha ferramenta clave para apoiar a actividade económica, especialmente no sector agrogandeiro, forestal e turístico.
A rede de estradas da Deputación é unha das máis extensas de España, con máis de 4.200 quilómetros, polo que o seu mantemento resulta estratéxico para vertebrar o conxunto da provincia.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



