Ribadeo, 7 de xullo de 2026. O 22 de agosto terá lugar a oitava Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que organiza o Club Atletismo Ribadeo. A presentación foi esta mañá nas inmediacións do Pazo de Ibáñez e contou coa participación de representantes do Concello, da Xunta, da Deputación e de Acisa, así como de patrocinadores e membros do club organizador.
Son 14 as categorías que se disputarán desde pitufos ata veteranos: “de pitufos a alevín desenvolveranse arredor do parque de San Francisco, infantil e cadete sairán desde o faro da Illa Pancha e a proba absoluta, de 9 quilómetros, partirá de Rinlo e rematará en Ribadeo diante do Concello”, explican desde o Club Atletismo Ribadeo.
Ata o momento son 266 as persoas inscritas. O prazo remata o 19 de agosto ás 23:59 horas.
Tod@s @s participantes levarán unha bolsa do corredor con diversos agasallos xunto o seu dorsal personalizado. Na proba absoluta terán dereito a unha camiseta sublimada tod@s aqueles/as que se inscriban antes do vindeiro 31 de xullo como así mesmo poderán escoller entre o agasallo dun frontal ou unha braga personalizada da carreira.
Desde a organización subliñan que “na proba absoluta é obrigatorio levar frontal de luz e recomendable o uso de reflectores. Os dorsais entregaranse o mesmo día da Carreira en Deportes Docobo (Atmósfera Sport), dende as 10:00 da mañá ata as 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Non se entregarán dorsais fora do horario establecido baixo ningún concepto. Haberá duchas e servizo de transporte dende Ribadeo a Rinlo para a saída das carreiras infantís, cadetes e absoluta. Os horarios serán publicados no facebook e instagram do Club Atletismo Ribadeo. A proba conta con seguro de accidentes e de responsabilidade civil e ambulancia”.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “aínda quedan días para poder anotarse e participar nesta carreira, que xa temos todos marcada no calendario das citas importantes do verán na Mariña e que non podemos perder. Agardamos que a disfruten e que o pasen moi ben en Ribadeo, unha vila que ten moito que ofrecer a quen nos visita”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



