Burela, 9 de xullo, 2026. A Escola Deportiva do Reyco Burela FS pasará a denominarse Escola Imdecum Burela FS na vindeira tempada 2026-27. Así o confirmaron o presidente do club, José Luis Sáez Castro, e o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna Almarza, durante a formalización do convenio de patrocinio entre ambas as entidades mariñás.
Este acordo inscríbese nunha liña de colaboración orientada ao fomento da práctica deportiva entre a infancia e a xuventude, reforzando o compromiso compartido coa formación e cos valores do deporte base.
Marcelino Luna Almarza destacou “a profesionalidade coa que traballa a Escola Deportiva do Burela FS”, e definiu o club como “unha referencia no fútbol sala, tanto pola súa estrutura como pola súa historia”. Segundo explicou, estes motivos avalan a aposta da Fundación Imdecum por este proxecto formativo.
Pola súa banda, José Luis Sáez Castro agradeceu o apoio da Fundación, salientando que “este soporte será fundamental para consolidar o traballo do club nunha etapa delicada”. O presidente laranxa subliñou que “a colaboración entre entidades que comparten obxectivos sempre redunda no beneficio colectivo, especialmente cando se trata de ofrecer máis e mellores oportunidades aos nenos e nenas da contorna”.
Con este convenio, Reyco Burela FS e Fundación Imdecum reforzan uns lazos que xa se viñan fortalecendo en iniciativas como o Memorial Heroes do Orzán Rodrigo Maseda Lozano, que con trece edicións ás súas costas continúa sendo un dos principais escaparates turísticos e deportivos da Mariña no inicio do verán.
Na edición de 2026, celebrada entre o 25 e o 29 de xuño, o torneo reuniu en Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro a preto de 1.200 xogadores e xogadoras de base, ademais de ofrecer aloxamento para 600 deportistas, consolidándose como unha das grandes citas do deporte formativo en Galicia.
Novas inscricións 2026-27
Dende hoxe e ata o xoves 23 de xullo está aberto o prazo para novas inscricións. Na primeira semana de matrícula, a escola xa recibiu 100 renovacións.
A formalización das altas realizarase por orde de chegada e ata completar o límite de prazas.
A matrícula abrangue desde a categoría Biberón (nados/as en 2021, con posibilidade para 2022 se quedaren prazas libres) ata Xuvenil (nados/as en 2008, 2009 e 2010).
Na tempada 2025-26, a escola contou con 190 xogadores e xogadoras distribuídos en 17 equipos.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



