Se hoxe nos fixeramos a pregunta polas características que definen o mundo actual, coido que unha das respostas estaría na súa extraordinaria aceleración. O desenvolvemento técnico e científico está a facer que o cambio se estea a producir a velocidade de vértigo.
Pero esta aceleración, limitada só ao eido material, carece, por desgraza, dunha conciencia moral que a dirixa e lle dea sentido. Esta foi a razón que fixo dicir ao físico Stephen Hawking que un dos grandes problemas que hoxe ten a humanidade é que a tecnoloxía está avanzando moito máis de presa que a nosa sabiduría. Un feito que anos antes o filósofo Max Horkheimer xa vaticinar ao desvelarnos que a razón instrumental estalle gañando a partida á razon obxetivos.
Viña a dicir Horkheimer que estamos a construir un mundo onde a intelixencia só está a preocuparse pola eficacia e a utilidade dos avances e non polos fins, polo todo, en definitiva, ao que debera quedar subordinado todo aquelo que é instrumental, xa que o progreso técnico, en si mesmo, non garante unha sociedade mellor se non está vinculado a fins moralmente aceptables.
Porén, vivimos nun mundo totalmente dominado polo instrumental no que a razón perdeu a súa dimensión ética e polo tanto, tamén o seu sentido humano sen o que non é posible un mundo mellor.
Xa que logo, todo avance material necesita imperiosamente Unha reflexión moral constante se non queremos acabar alienados e sendo servos das cousas que inventamos e producimos, como hoxe nos está a suceder.
Este, polo tanto, deberá ser o gran debate, o de darlle a todo avance material Unha dimensión ética porque, do contrario, como estamos a ver, todo desenvolvemento perde o seu auténtico sentido, o de construír un mundo mellor e máis xusto ao servizo de toda a humanidade.
























No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.



