A Mariña, 10 de xullo, 2026. O tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena ofrecerán unha velada de gran lirismo no XIII Festival Bal y Gay, referente en España pola súa aposta pola mellor música clásica do mundo en escenarios únicos da Mariña lucense. O concerto terá lugar o 14 de agosto, ás 20:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, con entradas entre 18 e 21 euros dispoñibles en www.festivalbalygay.com. Será un recital que combinará emoción, virtuosismo e a beleza da voz acompañada polo piano.
Esta actuación forma parte dos 14 concertos destacados que integran a 13ª edición do festival, programada entre o 5 e o 21 de agosto, a máis internacional e ambiciosa ata o momento. A programación inclúe tamén a extraordinaria actuación do pianista Grigory Sokolov o día 9 de agosto no Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo, sendo a primeira vez que o festival chega á cidade. O artista ruso, considerado un dos mellores pianistas do mundo, regresará a Galicia 20 anos despois da súa última visita.
Santiago Ballerini, unha das grandes voces do bel canto
O tenor ítalo-argentino Santiago Ballerini é hoxe unha das voces máis recoñecidas do repertorio belcantista. Cantou en escenarios como a Wiener Konzerthaus, o Kennedy Center de Washington, o Teatro Colón de Bos Aires, a Canadian Opera Company, o Teatro Regio di Torino, a Arena di Verona, a Ópera Nacional de Burdeos, o Teatro Real ou o Gran Teatre del Liceu. Antes de dedicarse profesionalmente ao canto, foi pianista durante nove anos e estudou musicoterapia na Universidade de Bos Aires, especializándose en tratamento de adiccións. Conta con numerosos premios internacionais, entre eles o Gran Premio do Concurso Vocal Internacional Laguna Mágica (Chile, 2016).
Berna Perles, unha soprano con ampla traxectoria e recoñecementos
A soprano Berna Perles acumula numerosos galardóns, como o primeiro premio de Juventudes Musicales de España, o premio do público e o primeiro premio do concurso Nuevas Voces de Sevilla, ou o Premio Ferrer Salat do Concurso Francesc Viñas. Actuou en espazos como a Accademia Nazionale di Santa Cecilia de Roma, a Wiener Konzerthaus, a Opéra Royal de Versalles, o Palau de la Música Catalana ou o Auditorio Nacional de Música. Traballou con directores como John Axelrod, Andrea Marcon ou Manuel Hernández Silva, e con destacados directores de escena como Lindsay Kemp, Emilio Sagi ou Riccardo Canessa.
Un festival que converte A Mariña nun destino cultural de referencia
O Festival Bal y Gay, nacido en 2014 en Nois (Foz), consolidouse como unha referencia estatal pola calidade das súas propostas e pola singularidade dos seus escenarios na Mariña. Máis de 20.000 espectadores asistiron xa a máis de 100 concertos protagonizados por 400 artistas. O festival, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, conta coa colaboración principal da Fundación Banco Sabadell, o apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, así como dos concellos participantes: Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Burela e Alfoz, ademais de empresas patrocinadoras da zona e de ámbito estatal.























A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



