Ribadeo, 10 de xullo de 2026. O Ribadeo Indiano 2026 concluirá o vindeiro domingo, 12 de xullo, co sorteo dunha viaxe a México para dúas persoas. Acisa reparte 180.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados desde o pasado 19 de xuño.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “o sorteo, ante notario, será o domingo ao remate do concerto de Estrellas de Buena Vista y Más. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a sexta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende a nosa asociación estamos a traballar para premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que estamos de rebaixas e aumenta a afluencia turística e sen dúbida este sorteo é unha axuda moi importante e unha cita moi agardada tanto polos negocios locais asociados como pola súa clientela”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “Acisa puxo en circulación 180.000 papeletas, 20.000 máis que na edición pasada. A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 11 ao 18 de setembro de 2026. O premio cubre o vo Madrid-México-Madrid, así como 7 noites de hotel en habitación dobre premium room en réxime de todo incluído, no hotel Iberostar Waves Paraíso de 5 estrelas, así coma servizos extra como embarque preferente, asentos especiais, asistencia a eventos na Rivera Maya, entre outros complementos extra”.
Pérez Prada dixo que “participar no sorteo é moi sinxelo. O único que teñen que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas polos establecementos. É moi importante destacar e incidir en que a rifa debe conservarse ata o mesmo 12 de xullo e que ese día dende as catro da tarde ás nove da noite, as persoas que teñan papeletas no seu poder, deberán introducilas na urna que estará instalada fronte aos Cocos na rúa San Roque. Alí deberá quedar a parte pequena da rifa co selo do establecemento e haberá que conservar a parte grande para o sorteo. Non serán validas as papeletas sen o selo dos negocios, ou con selos de establecementos non asociados. As bases do sorteo están dispoñibles na web e redes sociais de Acisa”.
A presidenta do colectivo empresarial tivo palabras de agradecemento para as administracións e para os patrocinadores: “queremos agradecer o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, e á Xunta de Galicia, que cofinancian esta programación do Ribadeo Indiano, así como ao Concello, co que seguimos a coorganizar este importante evento histórico cultural. E tamén quero dar as grazas aos nosos patrocinadores: a Cervexas Alhambra, que colabora co Ribadeo Indiano na súa liña de compromiso por apoiar todas aquelas experiencias únicas pensadas para desfrutar sen presa e dedicando a cada cousa o tempo que se merece, ao Banco Sabadell, a Caixa Rural, a Vitaldent, a Gestión Gratelu e a Discosta que afianzan a súa colaboración con nos. Sen a súa inestimable axuda non poderiamos chegar a onde chegamos neste XI Ribadeo Indiano”.
Desde Acisa animan a participar no Ribadeo Indiano 2026, unha cita que ninguén quere nin debe perder: “feliz Ribadeo Indiano a todas e todos”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



