O voceiro popular lembra que o peche, programado do 1 ao 24 de xullo, tamén prexudica gravemente aos mozos e opositores do municipio que precisan destas instalacións como espazo de estudo
Barreiros, 11 de xullo de 2026. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros criticaron a “sorprendente” decisión do goberno local de pechar abiblioteca municipal durante case todo o mes de xullo (concretamente do 1 ao 24), unha medida que cualifican de “incomprensible e totalmente de costas ás necesidades da veciñanza”.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, lembra que o verán é, por excelencia, un período no que a veciñanza dispón de máis tempo libre para dedicarlle á lectura e para participar nas actividades culturais que debera promover un centro destas características.
“En lugar de potenciar a cultura e ofrecer alternativas de lecer saudable no verán, a alcaldesa de Barreiros opta por botar o peche e deixar aos veciños sen servizo”, criticou.
José Manuel Gómez Puente fai especial fincapé no prexuízo que este peche supón para un colectivo moi específico: o dos estudantes e, sobre todo, o dos opositores. “Estamos nunha época clave de exames e de preparación de oposicións. Moitos veciños e mozos do noso concello dependen da biblioteca municipal como o único espazo público axeitado, silencioso e acondicionado para poder estudar e concentrarse”, sinalou.
A falta de previsión e de xestión da alcaldesa obriga a buscar alternativas fóra do municipio ou a estudar en condicións que non son as óptimas.
O Grupo Popular esixe ao goberno local que dea explicacións sobre os motivos deste peche prolongado e, sobre todo, que actúe de inmediato para corrixir a situación. “O que ten que facer o goberno local é prever a contratación de persoal de substitución ou buscar alternativas para manter o espazo aberto, e non optar pola vía rápida e cómoda de poñer un cartel na porta pedindo desculpas polas molestias”, sinalou.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



