Foz, 13 de xullo, 2026. A xornalista e escritora luguesa Nerea Pallares presentará en Foz a súa novela Punto de araña, obra coa que gañou o Premio García Barros 2025 e o Premio Follas Novas do Libro Galego 2026 na categoría de Narrativa.
O encontro celebrarase dentro do ciclo «Contos e conversas» e contará coa participación da autora, que dialogará co público arredor da obra e do seu proceso creativo.
Datos do evento
Que: Presentación e club de lectura de Punto de araña, con Nerea Pallares
Cando: Mércores, 22 de xullo, ás 20:30 h
Onde: Librería Bahía — Avda. da Mariña, 42, Foz (Lugo)
Entrada: Libre ata completar aforo
Sobre a obra
Editada por Galaxia, Punto de araña é unha novela mariñeira e coral ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. A historia, construída a través das voces de tres xeracións de mulleres —palilleiras, redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira—, entrelaza realismo social, memoria colectiva e mitoloxía.
A obra reivindica o papel das mulleres do mar e reflexiona sobre a precariedade laboral, a sororidade e os coidados, converténdose nun retrato poderoso da identidade mariñeira e feminina.
Sobre a autora
Nerea Pallares Vilar (Lugo, 1989) é xornalista e escritora. Licenciada en Xornalismo pola USC, completou un mestrado en Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamento na Universidade Pompeu Fabra, cunha investigación sobre as novas expresións escénicas da filosofía do absurdo.
Desenvolveu parte da súa traxectoria en institucións como a Cité Internationale des Arts de París, o Centro de Investigação Artística Hangar de Lisboa e a Fundación Gala para Creadores Novos de Córdoba.
Antes da súa primeira novela, publicou os libros de relatos Sidecar (2015) e Los ritos mudos (2021). Os seus contos aparecen en antoloxías como Pena Negra (2022) e Ellas, las extrañas (2023), así como en revistas literarias como Dorna, Quimera ou Granta.
Con Punto de araña obtivo o Premio García Barros 2025, o Premio Follas Novas 2026 na categoría de Narrativa e o Premio Manuel Lueiro Rey de Xornalismo ese mesmo ano.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



