Fai uns días, en concretoo xoves 2 de xullo, enterabamonos de que se ía pechar a praia das Catedrais durante catro días en xullo (14-15-16-17). Os motivos? Boa pregunta, nun inicio, eran por conservación do areal mais, posteriormente, resultou ser pormor dunha gravación para AmazonPrime.
Tendo en conta que estamos a falar dun dos principais recursos turísticos do municipio durante os meses nos que maior cantidade de visitantes recibimos, é adecuado o peche con esa finalidade? Cada un terá a súa opinión ao respecto. Entendo que se trata dunha decisión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, mais, dende o Concello, parece que non colleu de sorpresa pois, segundo unha nova publicada a semana pasada, o alcalde indicaba que fora un traballo intenso e conxunto entre oConcello e Xunta, polo que hai certa implicación da institución ribadense.
De todos modos, sexa o motivo que sexa, así como a responsabilidade de dita decisión, considero que non se poden esquivar as opinións que certas decisións provocan. Ante todo, hai que facerlle fronte, comunicalo en tempo e forma e estar aberto a críticas construtivas e a posibles alternativas que se plantexan.
Neste caso, nada disto se fixo de xeito adecuado, tal e como explicaba Acisa nun comunicado fai uns días.
Notificóuselle ao sector turístico a través dun email o xoves 2 de xullo dende a Oficina de Turismo local. Dito correo, comezaba da seguinte maneira: “Poñémonos en contacto con vós para lembrarvos que…” Lembrarnos? Como que lembrarnos se non sabíamos nada ao respecto? Recordo que se enviaba esta notificación o xoves 2 de xullo para informar que o areal permanecería pechado os días 14-15-16-17, é dicir, 12 días antes de que isto se producise. Doce días non é nada, hai xente que ten reservas feitas e excursións programadas para visitar a praia e a menos de dúas semanas, témoslles que dicir que lamentándoo moito non poderán acceder nas datas programadas.
Uns días máis tarde, o martes 7 de xullo, o alcalde informaba que só se pecharía dous días (15-16) pois a Xunta dende un principio así o autorizara. Entón, como é posible que se “mal informe” dende un inicio indicando que serán 4 días? Como é posible que xa informáramos aos clientes de que se ían pechar eses días e finalmente só sexan dous? Un pouquiño de seriedade, por favor…
Sen embargo, desta información, enterabamonos grazas ao xornal, xa que non foi ata o luns 13 de xullo ás 14:11, cando os establecementos turísticos reciben un correo electrónico informando do seguinte: “Acabamos de recibir comunicación por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural informándonos de que, finalmente, a Praia das Catedrais permanecerá pechada en xullo unicamente os días 15 e 16 de xullo”. Acabamos? Parece que o alcalde xa hai case unha semana que o tiña claro e así llo facía saber aos medios.
Por mor de esta situación que, baixo o meu punto de vista, foi bastante turbia dende un principio, o venres 3 de xullo decidín enviar un correo ao Concello expresando a miña opinión e solicitando resposta a algunha cuestión que non terminaba de comprender.
A día de hoxe, sigo esperando por unha contestación. Non saberán que dicir? Será que co Ribadeo Indiano, esquecemos que os 362 días restantes do ano, Ribadeo segue “funcionando”?
Así mesmo, aproveitaba ese correo electrónico para solicitar e propoñer que, tendo en contaque a baixamar do día 12 de agosto, día da eclipse, e polo tanto, a outra data na que a praia estará pechada, é cedo(en torno ás 10:15), non sería viable permitir que a xente accedese a visitar As Catedrais ata media mañá e unha vez comece a subir a marea, cortar o acceso e así poder preparar todo para o evento astronómico que terá lugar de cara ao final da tarde? Non entendo como se pode tomar unha decisión sen ter en conta todas as variábeis, e a principal deste conxunto natural é o horario da marea baixa… ninguén caeu en ver a que hora tería lugar o 12 de agosto e intentar aportar unha solución máis aló do peche durante todo o día (tendo en conta que se trata da semana de máis afluencia de turistas do ano)?
Pois así estamos, ante unha comunicación mediocre, por non dicir nefasta, así como ante unha falta de empatía das administración co sector turístico, tanto de forma individual, así como en conxunto por medio de Acisa, representación dunha parte importante do tecido empresarial ribadense.
Creo que cando se tomen este tipo de medidas, examinalo, contrastalo e implicar ao sector involucrado non estaría de máis, sobre todo, estar abertos a admitir críticas construtivas que permitan facer de Ribadeo un destino que estea á altura das expectativas dos que nos visitan e non tomar decisións á marxe dos que damos a benvida a miles de turistas cada verán.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



