Ribadeo, 14 de xullo de 2026. Máis de 60.000 persoas pasaron polo XI Ribadeo Indiano. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico da celebración superou os 3 millóns de euros e agradeceu todo o traballo realizado.
O rexedor declarou: “a valoración do Ribadeo Indiano é certamente positiva. Primeiro grazas por acudir ao Ribadeo Indiano e grazas a todos os veciños e veciñas por axudarnos a decorar, a coidar e a impulsar outra vez o Ribadeo indiano. Primeiro o que quero é lanzar ese agradecemento tamén a todo o tecido económico tanto á hostalería, restaurantes, comercios que foron axentes turísticos, informadores de todas as actividades que había no Ribadeo Indiano, e grazas a eles isto é seguir sumando. O que quero trasladar en nome do Concello é un agradecemento profundo a todos os veciños e veciñas por axudar a que Ribadeo volvera brillar. E tamén agradecemento ás administracións, á Xunta, que financia ao Concello con eses 120.000 euros, que é unha colaboración importantísima para que isto se leve cabo. E tamén a Acisa, como coorganizadora, e ás empresas e ás administracións que colaboran con Acisa, tanto á Deputación como ás empresas privadas que tamén patrocinan este evento. Ese segundo agradecemento é á colaboración económica para facer posible este evento”.
Vega dixo: “terceiro, quero trasladar o agradecemento a todas as áreas do Concello de Ribadeo tanto á Concellería de Cultura, ás persoas que traballan e fan posible que os eventos estean ben organizados, a todos os técnicos municipais, traballadores municipais da Área de Cultura, porque traballaron moito e traballaron moi ben e coordinadamente. Tamén quero felicitar á Área de Medio Ambiente porque as celebracións para que tamén brillen, para que se fale ben do pobo, hai que encontrar os espazos limpos. Ao servizo de limpeza moitas felicidades, porque fixeron un gran traballo, un traballo coordinado e tamén á Área de Medio Ambiente, aos traballadores desta delegación que limpan e conservan os espazos verdes as áreas onde todos despois disfrutamos. Por lo tanto, unha felicitación a Diego, ao concelleiro e a toda a súa área, aos seus traballadores e tamén a Turismo, a Marta, porque fixo un gran traballo, fixeron todas as técnicas de turismo un gran traballo para que isto fora posible. A Acisa tamén unha felicitación porque a coordinación ten que haber un traballo detrás e moita ilusión. Polo tanto, aquí bebemos da ilusión, das ganas de facer cousas e de que Ribadeo teña continuadamente un evento, unha celebración como o Ribadeo Indiano, que trae evidentemente grandes resultados. Mais de 60.000 persoas visitaron Ribadeo, máis de 3 millóns de euros de impacto económico. Son cifras que estivemos analizando perfectamente e hai que destacar. O impacto económico é moi importante. Tamén destacar que o Ribadeo Indiano está consolidado e iso significa que xa continuamente no tempo trae bos resultados e de crecemento. Estamos a falar de que esta celebración evidentemente trae moito turismo e detectamos que empezamos a traer turismo internacional tamén ao Ribadeo Indiano. Son cifras moi positivas”.
O alcalde ribadense manifestou: “tamén destacar que nesta celebración, no Ribadeo Indiano, volveu brillar a música habanera, volveu brillar a nosa Coral e todas as corais que viñeron, todos os eventos culturais, presentación de libros, exposición fotográfica, vídeos que relataron a situación da asociación de Fillas de Galicia e toda a actividade que houbo tanto nos mercados do ultramar, mercados da terra, as actividades deportivas que se desenvolveron no campo de San Francisco, a música por todas as rúas e evidentemente tamén felicitar aos cociñeiros da Mariña, que tamén fixeron un traballo moi importante na Praza de Abastos como punto gastronómico e así axudar a que moitos visitantes non se tiveran que ir de Ribadeo e puideran comer e disfrutar eses pratos alí preparados”.
Dani Vega cre que “o traballo ben feito, ben realizado, da bos resultados e isto é o Ribadeo Indiano 2026. Moi satisfeitos do traballo feito, tamén destacar os datos que son moi positivos como o impacto económico e xa preparar o Ribadeo Indiano do 2027 para o que xa temos propostas e tamén evidentemente visualizando aquelas cousas que podemos mellorar, tomar nota e así facelo”.
E engadiu: “un grazas grande, moi grande a todos os veciños e veciñas e tamén un grazas moi profundo a aquelas persoas que nos viñeron visitar e disfrutaron do Ribadeo Indiano canda nós”.
Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “nin a choiva do venres para o desembarco dos indianos, nin as treboadas do sábado á noite nin as do domingo pola tarde puideron co Ribadeo Indiano. Nas once edicións deste evento é a primeira vez que a climatoloxía se tornou tan adversa. E a pesares diso Ribadeo estivo a tope estes días. O sábado non se collía polas Catro Calles, os coches chegaban á Vilavella, ás Barreiras, á rotonda do Voar…”.
O xerente, Jesús Pérez, comentou que “os bares e restaurantes estiveron a tope, facendo varias quendas para servir as comidas e as ceas e para atender da mellor maneira posible a toda clientela. Tamén o comercio se viu beneficiado ao longo dos últimos días. A fin de semana do Ribadeo Indiano é máis agardada de todo o ano polos negocios locais”.
E subliñou que “Acisa contribuíu un ano máis a encher de esencia indiana esta vila, con música e sons mexicanos e cubanos, que foron un reclamo tanto o sábado como o domingo; cos vasos conmemorativos deste evento; coa branca decoración de rúas e prazas; co sorteo da viaxe a México, que foi para unha veciña de Ribadeo; coas actividades infantís e xuvenís… non faltou nada”.
Pérez Prada aludiu ao impacto económico desta celebración: “estamos a falar de máis de 3 millóns de euros de movemento económico e de máis de 60.000 persoas as que se achegaron a gozar do Ribadeo Indiano 2026, en grupos de amigos e de familias, e en moitas excursións procedentes da veciña Asturias. Si a climatoloxía fose mellor as cifras que hoxe estamos a comentar e a analizar terían sido tamén mellores”.
Cruzado Iglesias incidiu “na implicación dos negocios locais, entre os que repartimos un ano máis decoración para que ambientasen as casas de comidas e de bebidas e tamén os comercios ribadenses. Ribadeo engalanouse para a ocasión e luciu perfecto”.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense agradeceu: “a colaboración e o apoio económico de administracións como a Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, e da Xunta, a través da Dirección Xeral de Comercio, así como do Concello de Ribadeo. Grazas a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil e a todo o persoal municipal e de Acisa implicado na organización deste evento e en velar porque o Ribadeo Indiano discorrese, un ano máis, con normalidade e sen sobresaltos”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



