Pablo Díaz advirte de que o municipio afronta a época de maior risco de lumes coas faixas de seguridade sen limpar e sen adherirse ao plan da Xunta para a xestión da biomasa
Abadín, 15 de xullo de 2026. O PSdeG de Abadín, a través do seu voceiro, Pablo Díaz, denunciou hoxe que o municipio volve quedar outro ano máis sen brigada municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, unha situación que atribúe directamente á “falta de previsión, ao desleixo e á incapacidade de xestión” do Goberno local do Partido Popular.
O voceiro socialista advertiu de que Abadín afronta novamente a época de maior risco de incendios sen os medios municipais necesarios, coas faixas de seguridade sen limpar e sen que o Concello se adherise ao plan da Xunta de Galicia para a xestión das faixas secundarias de biomasa.
“Mentres outros concellos se preparan con antelación, en Abadín repítense exactamente os mesmos erros de cada verán. Rancaño coñece perfectamente a situación, pero volve chegar tarde e deixa unha vez máis á veciñanza e ao territorio desprotexidos”, alertou Díaz.
Un problema denunciado dende 2025
O PSdeG lembra que esta situación non é nova. En agosto de 2025, a formación xa denunciara que a brigada municipal fora constituída cando a temporada de maior risco estaba moi avanzada e que quedara inoperativa apenas tres días despois pola renuncia de dous dos seus integrantes.
Daquela, o Grupo Municipal Socialista advertiu de que non se podía improvisar unha cuadrilla en pleno mes de agosto e reclamou unha brigada estable que traballase durante todo o ano en tarefas de prevención, limpeza e mantemento. “Un ano despois, o Partido Popular non adoptou ningunha solución e volve repetir os mesmos erros”, lamentan.
“Advertímolo o ano pasado e volvemos facelo agora. Non se pode improvisar cada verán nin esperar a que se produza unha desgraza para actuar. A prevención require planificación, persoal e traballo durante os doce meses do ano”, explicou o voceiro socialista.
Pablo Díaz incidiu tamén en que o Concello continúa sen adherirse ao plan para a xestión das faixas secundarias de biomasa, malia tratarse dunha ferramenta fundamental para manter limpas as zonas próximas ás vivendas e aos núcleos de poboación. “Abadín segue á marxe dunha medida á que xa se incorporaron numerosos concellos da contorna. Non hai ningunha explicación razoable para continuar dándolle as costas a un instrumento esencial para reducir o risco e protexer as nosas aldeas”, criticou.
Medidas inmediatas e planificación anual
O PSdeG reclama ao Partido Popular que adopte medidas urxentes para garantir a existencia dunha brigada municipal contra incendios, que proceda á limpeza das faixas de seguridade e que formalice a adhesión do Concello ao plan de xestión da biomasa.
“Os veciños e as veciñas de Abadín non poden pagar ano tras ano as consecuencias da falta de planificación do alcalde. Isto non é un xogo: estamos falando da seguridade das persoas, das vivendas e do futuro do noso monte”, advertiu Díaz.
“Xa está ben de actuar tarde e mal. Esiximos medidas inmediatas e unha política de prevención seria, estable e planificada. Se se produce unha situación de emerxencia, Rancaño non poderá alegar descoñecemento, porque levamos anos advertindo deste problema”, concluíu.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



