Dolores García Caramés e Alfonso Rueda analizaron os investimentos desenvolvidos en colaboración entre ambas administracións e avanzaron nas actuacións previstas en materia de industria, vivenda, infraestruturas, patrimonio, turismo e emprego, entre elas a futura Escola de Carpintería de Ribeira
Cervo, xullo do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para avanzar na colaboración entre ambas administracións e impulsar novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico, social e territorial do municipio.
Durante o encontro, fixeron balance das actuacións realizadas nos últimos anos, unha etapa na que a cooperación institucional permitiu materializar investimentos relevantes en ámbitos como a vivenda, as infraestruturas, os servizos públicos, o patrimonio, o turismo, o benestar social e o desenvolvemento económico.
A reunión serviu tamén para revisar a folla de ruta dos proxectos estratéxicos que o Concello ten en marcha, co obxectivo de consolidar o crecemento de Cervo, reforzar o tecido industrial, mellorar as comunicacións, ampliar o acceso á vivenda, recuperar o patrimonio e seguir xerando emprego e novas oportunidades para a veciñanza.
Entre os asuntos tratados, a alcaldesa presentou ao presidente da Xunta o proxecto da Escola de Carpintería de Ribeira, promovido pola Fundación Estaleiros Fra, unha iniciativa destinada á preservación dun oficio tradicional de especial valor para Galicia. García Caramés destacou a importancia deste proxecto para Cervo, ao asentarse sobre a única carpintería de ribeira da Mariña, contribuíndo á conservación dun patrimonio singular e á transmisión deste legado ás futuras xeracións.
Ao remate da reunión, a alcaldesa agradeceu a disposición e receptividade do presidente da Xunta e subliñou a importancia de manter unha colaboración permanente para seguir impulsando proxectos clave para o municipio.
“Foi unha reunión moi positiva, que nos permitiu facer balance do moito que conseguimos grazas á colaboración coa Xunta e compartir a folla de ruta dos proxectos que queremos seguir impulsando. Cervo vive un momento importante e queremos seguir avanzando con planificación, diálogo e colaboración para aproveitar todas as oportunidades de desenvolvemento que temos por diante”, sinalou.
García Caramés reafirmou o compromiso do Concello de continuar traballando para consolidar os proxectos en marcha e impulsar novas actuacións que reforcen o potencial industrial, económico, turístico e patrimonial do municipio.
“O noso compromiso é seguir traballando con responsabilidade e constancia para que Cervo continúe medrando. Temos unha folla de ruta clara e imos seguir en contacto coa Xunta de Galicia para atraer novos investimentos, mellorar os servizos públicos e facer realidade proxectos que contribúan ao benestar da nosa veciñanza”, concluíu.
A alcaldesa reiterou a vontade do Goberno municipal de manter unha interlocución constante coa Xunta para continuar impulsando actuacións que contribúan ao progreso de Cervo e á consolidación do municipio como referente industrial, económico, turístico e patrimonial da Mariña.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



