Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2026. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reuniuse recentemente con representantes do Grupo Forma-t para analizar as vías de colaboración no ámbito da formación axustada ás necesidades do tecido empresarial co fin de optimizalas. Neste encontro tamén se puxo de relevo a aposta do Goberno galego por un modelo formativo flexible e que atenda ás demandas de man de obra das empresas.
Alí, o conselleiro puxo de manifesto o labor de entidades como o Grupo Forma-t neste ámbito e salientou o potencial das instalacións e equipos desta empresa especializada na formación en sectores como o eólico, marítimo ou forestal e con sede en Vilalba. Unhas dotacións que facilitan a práctica de distintas tarefas e a simulación de situacións que se poden dar no ámbito laboral co fin de fortalecer a cualificación do alumnado en conexión co que precisa o tecido produtivo.
Ademais, González salientou a importancia de reunións de escoita activa coma esta para a mellora continua das políticas activas de emprego e a prol dun modelo formativo máis áxil e orientado á inserción laboral. Con ese fin, a Xunta conta con distintos apoios tanto de persoas ocupadas como desempregadas.
Entre eles, os destinados a accións formativas para persoas desempregadas (AFD), unha iniciativa que foi redeseñada para reforzar a súa eficacia e do que a edición deste ano está aberta cun orzamento total de 60 M€ tras ser ampliado en 20 M€ debido á súa alta demanda. Outra iniciativa neste ámbito, tamén con convocatoria de axudas aberta, é Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas, destinada as empresas ou centros acreditados para impartir formación profesional en Galicia, como Forma-t. A ela destínanse 8,5 M€ para o período 2026-2027 e permitirá cualificar persoas desempregadas con accións formativas directamente demandadas polo tecido produtivo e cun compromiso de contratación de entre o 40 % e o 60 % do alumnado participante.
Nesta xuntanza tamén se puxo de manifesto a demanda trasladada en distintas ocasións por parte da Xunta ao Goberno central dunha maior flexibilidade na xestión dos fondos de formación para o emprego. Tamén a necesidade de que teñan en conta as particularidades de cada comunidade autónoma, co fin de adaptalos mellor ás necesidades do mercado laboral galego.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



