Un tal Xuvenal escribiu hai dous milenios unha cita que sobreviviu ao Imperio ó que trataba de retratar: panem et circenses, pan e circo. Criticaba con esa representación verbal unha sociedade que tiña renunciado á participación social e política, ao exercicio da cidadanía, e se conformaba con que os gobernantes lle garantisen un mínimo de alimento e un máximo de entretemento. O pobo deixaba de interesarse polo rumbo de Roma mentres tivese o estómago abastecido e sobre todo, os espectáculos lle encheran a cabeza. Co tempo, a frase converteuse nunha representación de como o poder pode esquecerse do público e da comunidade mentres non afecte ó seu coto privado, de como non procura convencer senón distraer, nin pretende explicar, senón entreter.
Salvando as distancias de tempo, medios ou constitución social, lembro a expresión ó observar o Ribadeo de hoxe. A axenda está chea de inauguracións, festas, concertos, feiras, mercados, eventos deportivos e outros actos de toda clase, mesmo con pouca ou nula coordinación que leva a un fastío de festa. Máis aínda, moito máis, no verán, na procura dunha audiencia que atrapar non tanto maior como diferente, forasteira. Si, a programación cultural é ampla nunha vila dinámica dende hai tempo. Pero o problema -a relación co ‘panem et circenses’- non está tanto en que haxa actividade, senón que a esta se lle conceda primacía, afogando a praza pública de debate sobre as cuestións estruturais, decisións sobre o medio, a convivencia, a integración do diferente ou do inmigrante, ou a calidade de vida dos seus habitantes. É dicir, a primacía sobre a xestión xeral dos problemas do pobo: mentres a atención cidadá se concentra no calendario activo/festivo, quedan con frecuencia relegados e fóra de foco asuntos como a atención ó medio, a dificultade para acceder á vivenda, o estado dalgúns servizos públicos, a mobilidade, o acceso ó rural/ó urbano, o mantemento do patrimonio, a sustentabilidade do modelo turístico en desenvolvemento, a vixilancia en aumento convivindo co desleixe da atención noutras áreas, o modelo sanitario local e o seu impacto sobre a poboación ou a planificación económica para o futuro. Cousas ben menos vistosas, máis complexas e con resultados que tardan en facerse visibles, que a actividade de troula, mais cun tratamento que determinará o futuro Ribadeo, o Ribadeo do futuro.
Así como na Roma Imperial o circo non era só diversión, senón tamén unha ferramenta política, hoxe non hai anfiteatros nin pelexas de gladiadores ou carreiras de cuadrigas, pero segue a pretenderse que a política quede eclipsada pola capacidade de organizar eventos e ‘divertir’ (quizais sexa bo botar aquí unha ollada ó dicionario) e non pola de afrontar problemas comúns. Fotografías e titulares nunha sucesión constante de actividades, tamén evitan feitos, explicacións e comen tempo, atención e tranquilidade para unha avaliación crítica da política. Como idea, ninguén discute a importancia, bondades ou contribución á convivencia da cultura, das festas, dunha morea posible de actos… Pero a súa conversión en substitutos da acción política, con ausencia de debate sobre o futuro de Ribadeo é cando menos un erro que diminúe á sociedade en conxunto. Repito, o “circo romano” non está tanto nas festas como en que desprace o necesario debate social. No desequilibrio.
A responsabilidade, porén, non corresponde só a quen goberna. Xuvenal, o autor da cita, sinalaba tamén aos propios cidadáns, conformes con cambiar a súa capacidade de decisión por satisfaccións inmediatas. Unha reflexión que continúa sendo válida: a democracia, a sociedade, precisa veciñanza informada, medios de comunicación atentos e leais á propia sociedade, asociacións activas, oposición construtiva. Precisa preguntas incómodas, datos, comparacións e participación, non só aplausos. Coidados e traballo, non só a diversión aditiva.
Ribadeo ten longa tradición de compromiso cívico e de persoas capaces de implicarse nos asuntos colectivos. Tradición que ven facendo de garantía de futuro. Tradición que sempre periga e que por iso hai que coidar. Porque unha vila mellora non cando organiza boas festas ou enche as rúas de visitantes, senón cando é capaz de discutir con serenidade que modelo de pobo quere construír, o Ribadeo do futuro. Non se trata de ser unha cidade, senón un bo pobo para vivir. E nin o necesario pan nin o vistoso circo deberían substituír o pensamento crítico e a implicación cidadá. Os espectáculos non poden substituír a atención e participación de persoas que viven, ven, preguntan, escoitan, propoñen e esixen.
O anterior non é novo, ven de lonxe. Un exemplo cinguido a Ribadeo: hai máis de vinte anos lembro ter visto non un, senón moitos artigos de José María Rodríguez nos que con menos causa que hoxe, chegaba a consideracións semellantes. Están dispoñibles en internet e en papel, e amosan que a estratexia desenvolta de xeito consciente ou non ten a súa historia relacionada coa natureza humana.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



