Nota de prensa:
ENTREGADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS E AS BOLSAS AO ESTUDIO EN XOVE
Hoxe martes 4 de xaneiro, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizou a entrega de PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDIOS CURSO 2009-2010 e as BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2010-2011.
En total o noso Concello invisteu 39.285´79 €uros nestes premios e bolsas, unha cantidade certamente importante, tal como suliñaba o Alcalde, tendo en conta os difíciles tempos de crise que estamos a padecer.
Os premios e bolsas repártense da seguinte maneira:
1. PREMIOS EXTRAORDINARIOS FIN DE ESTUDOS CURSO 2009-2010
Este ano entréganse:
* 2 premios a estudos universitarios (CC Políticas e CC do Deporte) con unha media de notable que recibiran un premio de 3.000,00€ cada persoa.
* 1 premio a unha alumna que cursou un ciclo superior con unha media de notable (600,00 €)
* 5 premios a estudos de Bacharelato: 1 cunha media de sobresaínte que recibirá un premio de 1.300,00 € e 4 cunha media de notable (600,00 € cada un)
En total o Concello de Xove entrega a cantidade de 10.200,00€ en concepto de premios ao estudo.
2. BOLSAS AO ESTUDO CURSO 2010-2011
* Axudas a estudos universitarios: entrégase un total de 16 bolsas, percibindo como cantidade máxima cada solicitante 1.200,00€ en función de ingresos familiares. O Concello de xove destina a este fin un total de 17.634,14€.
* Axudas para ciclos formativos para especialidades que non existan na comarca: Un total de 3 rapaces e rapazas reciben esta bolsa, que ascende a un máximo de 600,00€, segundo ingresos familiares. En total 1.516,65€.
* Axudas para persoas minusválidas físicas ou psíquicas que asistan a cursos de educación especial ou a terapias de estimulación: un total de 7 familias se beneficiaron desta bolsa, sendo a contía final destinada 6.750,00€.
* Axudas para a compra de material escolar (preescolar: 65,00€, Primaria e ESO: 60,00€, Bacharelato: 125,00€ e Ciclos Formativos: 125,00€). 26 familias do Concello de Xove reciben esta axuda para material. A contía final ascende a 3.185,00€
En total o Concello de Xove destinou a cantidade de 29.085,79€ en concepto de bolsas ao estudo.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



