Burela, 23 de xullo, 2023. Silvia Rubal Casas (Burela, 1995) tamén formará parte do conxunto de Javier Pardeiro. A ala-pivote, que regresou á máxima categoría co Reyco Burela FS a tempada pasada para achegar veterenía, formalizou a súa renovación para 2026-27.
A 6 laranxa, formada na escola desta casa, conta con notable experiencia nas ligas española e italiana. Estreouse co equipo de Primeira con tan só 15 anos e participou no primeiro dobrete de Liga e Copa coas Guerreiras Laranxas.
Despois dunha tempada con altos e baixos, Silvia amósase moi ilusionada con este novo reto: “Para min esta renovación significa moito máis que seguir xogando. A tempada pasada foi para min a máis bonita pero tamén a máis dura que vivín aquí, deportivamente descendimos pero para min ademais foi unha loita persoal na que tiven que convivir e sufrir problemas de saúde mental, unha parte moi presente no deporte e que segue sendo un tema do que custa falar”.
“Renovo porque aínda que non será fácil, valoro o apoio que recibín do club; inevitablemente desvívome por este escudo e creo que o club está nunha etapa na que necesita máis ca nunca xente que reme. O meu compromiso segue sendo o mesmo que cando cheguei con 14 anos: dar todo o que teño por estas cores”, confesaba a burelá facendo referencia ao seu vínculo especial co Reyco Burela FS.
A liga de Segunda preséntase esixente, segundo a ala-pivote: “Creo que o grupo 1 é o máis competitivo e igualado. Vai ser moi importante crear un equipo sólido dende o primeiro día para sacar a nosa mellor versión cada fin de semana e recuperar a nosa identidade. Con compromiso, humildade e esforzo podemos facer unha moi boa tempada”.
Silvia reafirma a súa responsabilidade cun proxecto que liderará outro gran coñecedor da Familia Laranxa: “Pardeiro era o adestrador en 2010, cando cheguei sendo unha nena e coincidir con el despois de tanto tempo vai ser especial. Coñece perfectamente o que significa este club, os seus valores e a esixencia que sempre supón. Creo que nos vai transmitir ilusión, disciplina e sobre todo sentido de pertenza. Sabe o importante que é construír un equipo unido e recuperar a identidade do club. Ademais, a súa experiencia aquí pode axudarnos moito porque entende tanto a parte deportiva coma a humana” concluía a 6 laranxa.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


