Ribadeo, 26 de xullo de 2026. O percusionista Enzo García Fernández debutou coa Banda Municipal de Música de Ribadeo no concerto do Día da Patria, actuación na que a formación dirixida por David Ballester Martínez estivo acompañada nalgunhas das pezas que interpretaron por gaiteiros que forman parte do alumnado da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Esta actuación trasladouse do Campo de San Francisco ao auditorio municipal Hernán Naval debido á inestabilidade meteorolóxica que houbo na xornada de onte, sábado.
A Banda de Ribadeo tocou: Zivio, de Johann Srauss con arranxos de John Gleneski; Return of the vikings, de Bert Appermont; King Arthur, de Hans Zimmer e arranxada por Erick Debs; Pasodobre San Roque, peza tradicional na que actuou como gaita solista Xela Basanta Rodríguez; Noites de lúa na praia, de E. Campos, na que participaron como gaitas solistas María José Pérez Acevedo e Daniel Rodríguez Saavedra; Music from Carmina Burana, de Carl Orff con arranxos de Jay Bocook); Es Vedrá, de José A. Pina; e Sonidos indianos (Carioca – Frenesí – Caballo viejo), adaptada por David Ballester. Ademais interpretaron de bis o pasodobre O chopo, de Manuel Iglesias Domínguez, para rematar o concerto co himno galego.
O director agradeceu ao Concello de Ribadeo e a Xera, Francisco e Wilmar a súa colaboración.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



