Viveiro, 27 de xullo, 2026. O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza unha nova edición da Feira de Stocks, que este ano alcanza a súa XIII edición. A cita celebrarase os días 31 de xullo, 1 e 2 de agosto nas carpas instaladas nos Xardíns Noriega Varela.
A feira contará con once stands comerciais, nos que os visitantes poderán atopar unha ampla variedade de produtos de sectores como téxtil, calzado, deporte, moda infantil e xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración.
Os comercios participantes nesta edición son Complementos Sulian, Raquel Seijido, FyM Moda, Oscar Joyeros, Mimimó Moda, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers, que ofrecerán unha selección dos seus artigos con descontos especiais.
A XIII Feira de Stocks supón unha oportunidade para adquirir produtos de primeira calidade a prezos moi reducidos, con numerosas ofertas e auténticas ocasións de compra para veciños e visitantes durante os tres días de celebración.
A inauguración oficial terá lugar o venres 31 de xullo ás 11:00 horas, coa presenza de representantes do Concello de Viveiro.
Desde o Centro Comercial Histórico destacan que o éxito das anteriores edicións, xunto coa cofinanciación da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Viveiro, permite consolidar esta iniciativa, que busca dinamizar o comercio local e ofrecer ao público unha proposta atractiva de compras no centro da vila.
O horario da feira será de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas durante os tres días.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



